SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
CALCEATENSE – FISOBER F.S.F. : 4-5.
CALCEATENSE: Alaine, Vero, Tania, Rocío, Carla ; tamén
xogaron : Nuria, Alicia, Rut, Adriana e Andrea.
FISOBER : Eva, Patri, Ana, Noelia, Myrella ; tamén
xogaron : Nuria, Elsa, Inés e Raquel.
ÁRBITROS : Manuel Gómez e Juan Carlos Sarabia , CRONO:
Tómas Lasa.
GOLES : 1-0 Vero,
1-1 Myrella, 2-1 Tania, 2-2 Myrella, 3-2 Carla , ( descanso ), 3-3 Nuria, 3-4 Patri, 3-5 Nuria, 4-5
Vero.
Volvía a
competición o Fisober despois da xornada que lle tocou descansar e fixo con
vitoria a domicilio na Rioxa ,terra que lle da sorte ,xa que gañou nas catro
visitas que realizou nestas dúas tempadas na Segunda Divisón Nacional.
Nun partido cheo
de adversidades as cales foi quen de sobrepoñerse con traballo, xogo e a gran
actuación da porteira ocasional Raquel, que tivo que poñerse baixo paus despois
da expulsión de Eva e o viaxar sen porteira suplente.
Raquel de espaldas como xogadora de campo |
Raquel xa como porteira |
Non podían
comezar peor as cousas para as da Costa. Os quince segundos Vero facía o un a
cero para as locais, tocaba remar dende a saída de vestiarios. A resposta foi
de Noelia quen mandou seu tiro cruzado rozando o pau.
Os catro minutos
un lanzamento de Myrella supoñía a igualada no electrónico. Pero pouco lles
durou a ledicia as visitantes. As locais moi atentas a calquera erro para saír
en rápidas contras, aproveitaron un e os seis minutos Tania volvía a poñer en
vantaxe as súas.
E pouco despois
Vero case fai o terceiro para as locais. Mediada esta primeira metade unha boa
combinación visitante chegaba a Elsa quen cedía a Patri quen con todo a favor
mandaba o trabe, desperdiciando unha ocasión clarísima.
O ritmo do
partido baixou un pouco e xa non chegaban ocasións tan claras. Pero todo trocou
a 2:42 para o fin desta primeira metade, unha contra das rioxanas era freada
pola porteira visitante Eva cunha man
fora do área impedindo unha ocasión de gol . Vermella directa, dous minutos de
inferioridade e o resto do partido coa xogadora de campo Raquel baixo paus.
Lonxe de virse
abaixo foi un acicate para o Fisober. Aguantaron os dous minutos sen recibir un
gol e incluso Patri despois dunha xogada individual tivo unha ocasión para igualar o partido. E xusto o recuperar a inferioridade un
lanzamento de Myrella pegaba nunha xogadora local e poñía o dous a dous no
electrónico.
Pero a tres
segundos do tempo de lecer un lanzamento de falta de Carla poñía o tres a dous
no electrónico.
Saía moi motivado
e concentrado o Fisober na segunda metade, conscientes que con Raquel
na portería debían deixar os mínimos ocos. Os dous minutos da volta de
vestiarios Nuria igualaba o partido. E pouco despois Ana enviaba un lanzamento
o trabe.
Eran os mellores
momentos de xogo das da Costa cun moi bo traballo ofensivo e defensivo. E si as
rioxanas sobrepasaban a defensa apareceu Raquel que amosaba moi boas maneiras
na portería.
A trece para o
fin Patri poñía en vantaxe as da Costa facendo o tres a catro. E a oito para o
remate unha xogada individual de Patri
remataba nun claro penalti que transformaba Nuria para o tres a cinco. E seguía
chegando o Fisober na busca de matar o partido.
O enorme e
solidadrio traballo defensivo do equipo e Raquel non deixaban penetrar as locais. Ata
que a cinco para o fin Vero facía o catro a cinco. A resposta foi cunha ocasión
de Nuria.
Quedaban cinco
minutos de sufrimento para as da Costa. Os dous últimos minutos as rioxanas
propuxeron o ataque de cinco pero o Fisober resolveu ben a situación e incluso
Patri e Nuria tiveron oportunidades con lanzamentos dende campo propio para aumentar o resultado.
Importante,
merecida e traballada vitoria a
domicilio do Fisober que supuxo o descubrimento de Raquel como porteira de
emerxencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario