SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – BILBO : 0-3.
FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Ana e Myrella ; tamén
xogaron : Nuria, Raquel e Inés.
BILBO : Jou,
Vicky, Aroa, Diana e Jesica ; tamén xogaron : Andrea, Ixone, Saida, Eva e Almu.
ÁRBITROS : Rocío
Ruano e Beatriz Remeseiro ; CRONO : Berta García.
GOLES : 0-1 Eva,
0-2 Eva, ( descanso ) , 0-3 Vicky.
Visitaba Vimianzo
o intratable e invicto líder dacategoría e o igual que en Bilbao tivo que sudar e moito para levarse os tres
puntos nun gran partido que foi do agrado da afección local.
O igual que naprimeira volta o Fisober decidiu xogar de ti a ti o líder. Esforzo titánico
para todas e cada unha das xogadoras da Costa que raiaron a un gran nivel e
deixaron todo sobre a pista ante un equipo que ten como obxectivo o ascenso a
División de Honra.
Xa dende o primeiro
minuto o partido tivo un gran ritmo e intensidade, as locais eran conscientes
do podería físico rival e que non debían despistarse se querían sacar algo.
O partido non
defraudaba e os dous equipos debían trenzar moi ben se querían sacar tallada
ante as porteiras.
E as vascas
fixérono, aproveitaron un pequeno resquicio para que no duelo de Eva´s a vasca
superara a galega para o 0 a 1 os cinco minutos.
Foi un pequeno
pau para as da Costa que tan ben o estaban facendo pero non se viñeron abaixo e
atoparon espazos para as súas oportunidades pero non lograban materializalas.
Algo estaban a facer ben as da Costa xa que mediado este primeiro periodo as
visitantes víanse obrigadas a pedir tempo morto.
Intenso,
disputado, atractivo así continuaba o partido ata que chegando o último minuto
de novo Eva goleaba para as visitantes, demasiado castigo para tan boa primeira
metade.
Pero antes de
chegar o tempo de lecer Raquel a media volta case consigue o dous a un.
Na segunda metade
mesmo guión e mesmo partido. Non se daban por vencidas as do Fisober que
querían pescar algo no partido. E de novo mediada esta segunda metade víanse
obrigados a pedir tempo morto as visitantes.
Co paso dos
minutos as pernas das da Costa xa pesaban máis e cada vez tiñan que tomar máis
riscos para sacar algo positivo do
partido e comezaban a chegar ocasións en ambas porterías.
A tres minutos
para o fin a local Inés tivo unha clarísima dobre ocasión para o un a dous e
dar uns últimos minutos máis vibrantes se cabe pero entre unha xogadora e a
porteira vasca abortaron a dobre ocasión.
Quen non
desaproveitou foi Vicky a piques de chegar o último minuto facendo o cero a
tres e rematando cas ilusións locais.
En definitiva
gran partido das locais que competiron ante un equipo que solo cedeu un empate en
toda a tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario