SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FLAVIÓBRIGA – FISOBER F.S.F. : 1-3.
FLAVIÓBRIGA : Claudia,
Ana, Cynthia, Nuria e Vanesa ; tamén xogaron : María, Paula, Olatz e Andrea.
FISOBER : Eva, Patri, Ana, Noelia e Raquel ; tamén
xogaron : Elsa, Nuria e Myrella.
ÁRBITROS : Pablo
Aspiazu e Abel Pereda ; CRONO : Mónika González.
GOLES : 0-0 o
descanso ; 0-1 Patri, 0-2 Nuria, 0-3
Raquel, 1-3 Cynthia.
Sumou este sábado
o Fisober a terceira vitoria consecutiva algo que nunca sucedera nesta
categoría i é que Castro Urdiales sempre será especial para o clube xa que alí en Novembro do 2012 acadaran a súa primeira vitoria en Segunda División
Nacional.
O partido fronte
o último clasificado foi un monólogo
visitante que non acabou en goleada grazas a unha actuación extraordinaria da
porteira local Claudia que parou todo o posible e moito do imposible chegando a
desesperar as xogadoras da Costa.
Dende o primeiro
segundo as locais decidiron esperar en media pista, pechadas atrás confiando na súa porteira e buscando algunha contra
si era posible . As visitantes que arrancaron algo imprecisas e aletargadas
dominaban o xogo con tranquilidade.
E comezaron a
chegar as oportunidades, unha tras outra, de todo tipo: de lonxe, de preto, dun
lado , do outro, no segundo pau, despois de rexeite ….. e todas acababan con
parada de Claudia en un ou dous tempos. Todas e cada unha das xogadoras do
Fisober gozaron de unha ou varias oportunidades pero sempre aparecía Claudia
para desbaratalas e cando non foi así, apareceu o pau coma en dous lanzamentos
de Noelia.
De maneira
incrible e sobrenatural o partido chegaba con igualada a cero o tempo de lecer
ante a soberbia actuación da porteira local.
E a segunda
metade arrancaba da mesma maneira con Claudia sacándolle un balón incrible,
case imposible a Elsa. Xa era un pesadelo e nin Nuria nin novamente Elsa foron
quen de batila.
Pero despois de
24 minutos de asedio por fin sucedeu,
foi Patri a que puxo fin as pantasmas e marcou o cero a un. Abríase a
lata e tres minutos despois era Nuria
quen de lanzamento de falta marcaba o cero a dous.
Raquel a nove
para o fin remataba para o cero a tres e deulle tranquilidade as visitantes.
Aínda que solo un minuto despois nun rexeite tras un saque de esquina Cynthia
puxo o un a tres que xa foi definitivo.
A partires de
aquí o Fisober decidiu controlar máis o partido para non pasar apuros e deixar
pasar os minutos. Aínda que gozou de algunha que outra ocasión o resultado xa
non se moveu.
A vindeira semana
a liga para polos compromisos das seleccións autonómicas e o día 15 chegará a Vimianzo
o líder invicto Bilbo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario