LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : GRUPO WORK – FISOBER “B” F.S.F. : 1-3.
GRUPO WORK : Cris, Carmen, Ainhoa, Sandra e Lara; tamén
xogaron : Nuria, Alba, Patri, Adelaide, Amanda, Sara e Alba Carreira.
FISOBER B : Marta,
Paula Fandiño, Inés, Laura e Noelia ;
tamén xogaron : Natalia, Alejandra e Andrea.
ÁRBITRO : Eduardo Castro , CRONO: David Pérez.
GOLES : 1-0 Patri , (
descanso ) , 1-1 Inés, 1-2 Inés, 1-3
Paula Fandiño.
O equipo de
Provincial do Fisober non quixo ser menos que o de Nacional e logrou unha
vitoria de prestixio a domicilio, ante o Grupo Work un dos equipos revelación
da tempada, tamén cheo de xuventude o igual co filial do Fisober .
Conseguían así a
súa segunda vitoria consecutiva, no día no
que as baixas na portería provocaron un novo debut en Provincial, algo
que sempre enche de ledicia o clube,
desta vez tocoulle a porteira infantil Marta que tivo unha boa actuación e complementou o
extraordinario traballo de todas as súas compañeiras.
As infantiles Paula Fandiño e Marta nunha imaxe de archivo. |
A primeira metade
foi un continuo ida e volta para os dous equipos, con ocasións tanto para
locais coma para as visitantes.
Cando se chegaba
os últimos minutos desta primeira metade un erro visitante era aproveitado pola
local Patri para poñer o un a cero co que se chegaba o tempo de lecer.
Saíron moi ben as
da Costa na segunda metade e o pouco do inicio Inés aproveitaba un rexeite da
porteira local para igualar o partido.
O encontro continuou co mesmo guión con dous equipos na
busca da vitoria e con ocasións para ambos equipos.
Pero foron as
visitantes as que se adiantaron cando de novo Inés aproveitaba un balón elevado
para marcar coa cabeza o un a dous ante a saída da porteira.
Nestes momentos
chegou o protagonismo da debutante Marta que cunhas boas intervencións mantivo
o seu equipo en vantaxe no electrónico.
Para os últimos
minutos optaron as locais polo xogo de cinco na busca de igualar o tanteador,
pero o bo traballo defensivo e a concentración visitante non daba opción.
Chegando o final
un roubo permitiu que Paula Fandiño lanzase dende campo propio para poñer o un a tres definitivo.
Intentaron as
locais sen descanso marcar e reducir distancias ata o fin pero xa
non foron quen de logralo.
Gran vitoria para
as da Costa que conseguían rachar o maleficio no Novo Mesoiro no que nunca un
equipo base do Fisober fora quen de puntuar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario