Facía tempo que
non escribía sobre o Real Madrid e agora que entramos na parte chave da tempada
pois alá vamos utilizando a Morata
coma escusa.
Non fai tantos
meses que o madridismo, o periodismo do “Sáfame”
futbolístico e demais pedía a titularidade
indiscutible para Álvaro e que se cargaran a Benzema. Incluido eu ? O martes no
Bernabéu escenificouse que xa todo
trocou, onde andará toda aquela xentiña.
Pois así é o fútbol neste país, buscar polémica para
encher e encher tertulias, xornais, programas, horas de radio….. o fútbol e
moitas outras facetas da vida.
Morata segue sendo o mesmo, ese dianteiro de futuro que gusta de caer a banda, que choia
bastante para o equipo, que xoga ca cabeza
baixa , que necesita bastantes
ocasións para facer gol e que está nese mal momento de confianza polo que moitos da súa estirpe pasan. Si aínda por encima
apenas dispuxo de minutos ultimamente que lle vamos a pedir.
Pois nada pasou
de ser a reencarnación de Ronaldo
Nazario e Raúl xuntos a un xogador de Rexional.
Tan influenciados estamos ? Penso que
si, un servidor o primeiro, arriba e abaixo nun abrir e pechar os ollos,
así somos? A importancia do que escoitamos, leemos ? O que digan Maldini, Roncero, Lama…… iso é
o que vale, saben eles máis de fútbol ca min ? Uns quizais si, outros dubido
moito.
Outros son iguais
ou peores cos fanáticos que atopamos no bar, na praza ou no campo de fútbol do
noso pobo. Veletas que van e veñen, que segundo sexan amigos ou non falan
mellor ou peor dos xogadores, segundo coñezan o representante, lle dean
entrevistas …….
A miña opinión
sobre Morata non trocou todo este
tempo, sempre pensei que non tiña a calidade de Jesé pero mellor cabeza,
aínda que como afrontaron estes meses no primeiro plantel fixeron que o dubidara. Cada un ten que saber o papel
que cumpre, o seu rol, tan importante é saber iso dentro dun
vestiario.
Quen sabe nunhas
semanas igual volta a ser o novo Van Gol, aínda que eu sempre o verei máis
próximo o papel do Pipa Higuaín. Un
xogador moi necesario, máis agora ca lesión de Jesé. Igual aproveita a
circunstancia como o fixo Modric ca
de Khedira, colleu un papel
extraordinario, amosou o gran xogador que é. Nunca pensei dicir isto tan khedirista como
son pero, sen a súa lesión penso que non chegaría Luka a tal nivel no Real Madrid. Todo é posible neste cambiante mundo do fútbol.
Unhas anotacións
para rematar, o gran traballo de Nacho,
ese xogador formiguiña que fai o que ten que facer, sen unha palabra de máis,
el si que sabe o seu rol e cumpreo a perfección.
Xabi Alonso non pasa polo seu mellor momento de xogo, erra
pases sinxelos e perde balóns en zonas perigosas que lle pasará ? eu non son dubidoso con Xabi, iso si aínda así é insustituible , desde que volveu o Real Madrid non coñece a
derrota, esperemos que domingo siga a xeira.
Para rematar o
eterno debate Diego vs Iker, Iker vs
Diego, na prensa, nas redes sociais……….. xa está agora xa foi apoiemos os
dous como madridistas e para a tempada seguinte que tomen a decisión correcta
que xa enche o tema. Empezo a pensar que
o mellor é vender os dous e mercar a
Courtois e limpar definitivamente o ambiente.
Como entrante
está ben, dame que vou escribir bastante nas próximas semanas e unha impresión
non unha afirmación e veño con gañas de guerra. Seguirei tan pesimista coma
sempre ? Chega o clásico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario