Desta vez a elexida para a nosa entrevista é a xogadora do Orzán , Eva Lago. Que entre outros equipos pasou polo Fisober o cal tivo que deixar esta tempada por motivos personales.
Eva que este domingo voltará a poder vestirse de corto co equipo de Nacional o igual que outras seis compañeiras, despois de verse "castigadas " a non poder xogar co primeiro equipo, xa que o clube decidiu facerlles ficha do B para que poideran seguir disfrutando de minutos e xogando a Copa Galicia o fin da tempada pasada, pero non caeran na conta que en seis meses non poderían voltar a ter ficha do A. Domingo remata o seu calvario.
¿ Elixio o fútbol como o seu deporte, por ?
Gustábame e divertíame cos meus amigos no colexio e fora del. Con 5 anos empecei no Riazor a fútbol sala.
¿ Deportista que admira ?
A Xavi. Pero outro moi grande é Nadal.
¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?
O mellor sin dudalo cando na tempada 2009/2010 fixemos Historia gañando a Liga e a Copa, e ascendemos a Nacional. E o peor recordo que teño foi o día que xogaba a final de Copa co Egasa e media hora antes de marcharme para a pista rompín o pe.
¿Como se entreten nos viaxes do equipo ?
Falando, vendo películas, escoitando música, durmindo…Faise o que se pode.
¿Una manía cando xoga ?
Sempre entro co pe dereito no campo.
¿Seu número favorito ?
Non teño. Xoguei 15 anos co 4, ata que cheguei a un equipo que estaba ocupado e xa collía o que me daban.
¿ Sendo da Coruña como recalou en Fisober?
Porque tiña gañas de seguir xogando o fútbol sala e tendo a Barca de compañeira no Orzán pois levoume para a Costa ..…jaja!!
¿ Que pensou cando lle dixeron que non podería comenzar a tempada co Orzán polo tema das fichas co B?
Pufff, moita rabia e demasiada impotencia de non poder facer nada máis que esperar. Porque ademáis penso que é unha norma bastante estúpida.
Para vostede comenza a tempada está semana, aínda que pudo xogar co B nesta espera ¿ como encara o partido?
A verdade que con moitos nervios, pero a vez con moitísimas ganas de volver a xogar en Nacional. Ademáis creo que recuperei a confianza en min misma e eso dame aínda máis ganas de xogar.
¿ Unha xogadora, compañeira ou rival que lle chamara especialmente a atención?
Solo se me ven a cabeza Josué, noso entrenador de porteiras. Xa que neve ou estemos a 40º sempre vai equipado con roupa térmica dos pes a cabeza…jajaja!!
¿Como culé , que sentío o poder enfrentarse o F.C. Barcelona femenino ?
Un honor bastante grande. Aínda sinto a emoción o recordalo porque fixemos un dos nosos mellores partidos. Ademáis marquei un gol. E aínda que foran os alevíns creo que é todo un orgullo poder enfrentarte a un club como é o F.C. Barcelona. Eso quedara grabado para sempre.
¿ E ver un F.C. Barcelona – Depor no Nou Camp ?
O Nou Camp é un campo impresionante. Xa vin dous Barcelona-Depor. Pero este ano había que ir a apoiar o Depor para que non baixara…Paseino bastante ben.
¿ Quedalle moito tempo o actual Barsa?
Eu penso que si. Ten grandes xogadores e boa canteira. Ademáis perdan ou ganen siguen xogando a seu fútbol e creo que é o que os fai ser tan grandes.
¿ Que pasará co Depor está tempada?
Eu penso que volverán a Primeira. Empezaron moi mal pero queda moita liga. E confio en que ascenderán. Gústame Oltra.
¿Súa maior virtude e defecto ?
Aínda que non me guste son bastante pesimista. E virtude pois son unha persona honesta.
Aínda que non me guste son bastante pesimista. E virtude pois son unha persona honesta.
¿O maior placer da súa vida ?
Gracias a unha persona descubrín que o maior placer é disfrutar o día a día con alegría. Nunca hai que perder o sorriso.
¿Un lugar para vivir?
De momento A Coruña..
¿Un lugar para perderse?
Illa Margarita ou Morro de Sao Paulo. Ou calquer illa, pero en boa compañía…jajaja!
¿Película favorita?
Braveheart, Bailando con lobos, La vida es bella…
¿Actriz/ Actor favorito?
Morgan Freeman, Clean Eastwood, Dustin Hoffman…
¿Grupo musical favorito?
Gústanme varios pero digo Bon Jovi.
¿Canción?
Imagine de John Lennon e 1973 de James Blunt.
¿Libro ?
El niño del pijama de rayas.
¿Refrán favorito ?
Non hai mal que por ben non veña. E nunca pidas a quen ten, sinón a quen sabes que te quere.
¿Comida preferida?
Pasta con filete e o churrasco.
¿ A noite é para…………..?
Depende que noite…e que compañía…
¿Un soño por cumplir?
Ascender a Superliga con Manu de entrenador.
Outras entrevistas :
No hay comentarios:
Publicar un comentario