LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO” – SADA. 1-0.
FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO : Eva, Patri, Elsa, Olalla e Barca ; tamén xogaron : Nuria, Ylenia, Noelia e Myrella.
SADA : Marta, Mónica, Laura, Rita e Rebeca ; tamén xogaron : Thais, María e Zulaima.
Árbitro e Mesa : Jorge Varela e Marí Mallo.
GOL : 1-0 minuto 16 da primeira metade Barca.
Importantísimos tres puntos que se quedaron na casa do Fisober nun partido que tivo dúas metades ben diferenciadas, unha primeira de dominio e ocasións para as locais e unha segunda que se levaron claramente as visitantes. Cun resultado máis propio do fútbol , un gol de Barca e a gran actuación da porteira Eva na segunda metade decidiron o partido.
O partido comenzou cunha perda do Fisober e unha ocasión por parte de Laura, case a única para as visitantes nesta metade.
Pero despois deste susto inicial as locais tomaron o mando do partido dispostas a levarse o triunfo ante un equipo visitante con moita experiencia e que ben colocado en defensa tentaba roubar e saír a contra. Algo que nesta metade apenas conqueriron.
O dominio non se materializaba en ocasións nos primeiros minutos ante un Sada ben pechado. Aínda así Barca probou sorte dende lonxe en varias ocasións.
Tamén o tentaban Nuria e Patri, pero non conseguían o ansiado gol. Unha Patri que cos seus regates era un pesadelo para as visitantes.
E nunha desas xogadas individuais de Patri foise por banda dereita e cedeu para Barca anotara o gol que a postre valeu a victoria.
Tentaron e mereceron as locais aumentar o resultado antes do fin , pero non puideron.
O tempo de lecer non lles debeu de sentar ben as de Fisober, xa que a segunda metade foi unha historia totalmente diferente.
O Sada seguía o seu, buscando o erro local para saír a contra e conseguirono con innegable perigo. Así Zulaima probou a Eva os seis minutos. Pouco despois era Laura quen o facía.
Mediada a segunda metade apareceron as mellores ocasión visitantes cando Eva nunha dobre parada frenaba a Zulaima e Laura. E poucos intres despois de novo Laura topabase con Eva.
Tal cantidade de ocasións fixeron crecerse as visitantes que deron un paso adiante na súa presión. Eso abrio un pouco máis o partido para que fora máis de ida e volta.
Pero as locais non eran quen de chegar con claridade ante Marta mentras as visitantes seguían acosando a Eva.
Os últimos minutos Fisober adicouse a contemporizar o xogo e tratar de non perder o balón para quedarse como finalmente foi con tres novos puntos e con catro victorias en cinco partidos que as igualan a puntos co segundo na clasificación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario