RESULTADO : FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO F.S.F. – FUNERARIA APÓSTOL : 2-1.
FISOBER CONCELLO DE VIMIANZO F.S.F. : Eva, Patri, Elsa, Ana e Barca ; tamén xogaron : Noelia, Ylenia , Myrella e Paula.
FUNERARIA APÓSTOL F.S.F. : Nerea, Belén, Montse, Irene, Teresa; tamén xogaron : Alba, Marta, Cecilia, Angela, Laura.
ÁRBITROS : Vicky Mosquera e Sandra Vilouta.
GOLES : 0-1 Belén ; 1-1 Elsa ; 2-1 Patri.
Comenzou a tempada para Fisober na Liga Autonómica e fixo con victoria nun emoncionante e disputado encontro xogado en Vimianzo ante unha boa presenza de siareiros que foron chegando conforme pasaban os minutos e un intenso calor.
Saíron pensando que aínda estaban de vacacións as locais e foron borradas da pista polo Funeraria Apóstol. Os dous minutos Teresa xa puxo en serios apretos a Eva. Noutra boa xogada visitante foi a local Ana quen evitou baixo paus o gol.
No minuto 3 o tiro dende a frontal da área de Belén adiantou no marcador as visitantes. O Fisober non sabía onde se atopaba e o segundo gol do Funeraria andaba preto. Así os catro minutos a colexiada pitou falta indirecta pola demora no saque de portería e despois do lanzamento da falta Irene non marcou o segundo de miragre.
O adestrador local Fran Toba viuse obrigado a pedir tempo morto para frear a sangría. E así foi xa que despois duns minutos de respeto mutuo todo mudou.
O Fisober mediada o primeiro acto dispuña a case ocasión por minuto, primeiro foi Barca, pouco despois Patri, novamente Barca enviaba un balón o longueiro despois dun saque de banda e Ylenia para finalizar esta xeira de ocasión locais que non daban atopado o gol ou ben pola falla de puntería ou pola actuación da porteira visitante Nerea.
No minuto 12 respostou o Fune cunha contra na que Marta non foi quen de acertar para batir a Eva.
Fisober non se rendía e lanzouse a carga xerando de novo claras ocasións , desta vez por medio de Noelia, Myrella e Ana. O Fune seguía esperando o seu momento a contra e tivo a tiro aumentar a vantaxa por medio de Cecilia cando xa solo quedaban 4 minutos para o final.
As locais quixeron dar un último estirón antes do descanso e nos últimos 2 minutos foron Noelia e Barca en dúas ocasións case consecutivas quen non podían lograr o empate freadas por unha inmensa Nerea.
Comenzou a segunda metade como finalizou a primeira con dúas ocasións case de saída das locais, desta vez as que o tentaban eran Patri e Barca, pero o gol non daba chegado.
E foi os catro minutos deste segundo tempo cando chegou por medio de Elsa despois dunha serie de rexeites quen foi capaz de lograr a igualada no marcador.
Co empate parece que o partido se tranquilizou e o Fune voltou a dar un paso adiante. Aínda así a local Noelía tentou sorte dende lonxe e o seu lanzamento foise o pau pouco despois do gol da igualada.
Como dixemos as visitantes apretaron de novo e os 8 minutos puxeron en serios apuros a Paula que defendeu a portería local nesta segundo acto e a goleadora Belén nese mesmo minuto tamén tentou marcar pero non foi capaz. Case sin recuperarse do dobre susto anterior de novo Belén perdou o 1 a 2.
E o que perdoa paga di o refrán e así foi , nunha gran combinación das locais o balón chegou a Ana quen cedeu para que Patri adiantara as súas no tanteador.
Este gol mudou o guión do partido, que pasou de ser intenso e vibrante a ser máis pausado e cos nervos e a ansiedade polo resultado trocando de lado. Aínda así a visitante Cecilia case iguala sólo un minuto despois do gol de Patri.
Dende aquí ata o final o Fune domiñou o partido pero non foi quen de atopar un furado na defensa local e aínda Barca a 3 para o final ,nunha xogada na que as visitantes pediron que o balón saíra, ca porteira desprazada viu como unha defensa sacaba o balón na liña de gol.
Apuntar o debut de Ylenia en Liga Autonómica que tivo unha boa actuación e a lesión da local Olalla no quencemento a cal se resintiu dunhas molestias que lle impediron disputar o partido.
A entrevista : Andrea Sendón.
A entrevista : Barca Toba.
A entrevista : Jordi Pasarela.
A entrevista : Iván Chans.
A entrevista : Andrea Sendón.
A entrevista : Barca Toba.
A entrevista : Jordi Pasarela.
A entrevista : Iván Chans.
No hay comentarios:
Publicar un comentario