LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”-POIO FSF. 7-2.
FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” : Eva, Patri, Ana, Myrella e Ylenia; tamén xogaron: Elsa, Barca, Noelia, Nuria, Olalla e Paula.
POIO F.S.F. : María, Mar, Nerea García, Ana e Bibiana; tamén xogaron : Laura, Paula, Nerea Vigo, María, Alexandra, Tania e Sandra.
Árbitro e mesa : Jose Luís Villarino e Francisco Vilouta.
GOLES : 1-0 Elsa, 2-0 Noelia, 3-0 Ylenia, 4-0 Myrella ( descanso ) 4-1 Laura, 4-2 Nerea Vigo, 5-2 Nuria, 6-2 Barca, 7-2 Barca.
O Fisober xogaba na maña do domingo en Muxía o día no que debutaba cas da Costa a xogadora de Quintáns , Nuria Paz.
Non foi un bó partido o de Fisober, no que o mellor foi o resultado, con moito menos do ofrecido unha semana antes en Pontevedra conseguiron moito máis. Comenzaba o partido e as xovenes xogadoras do Poio querían complicarlle as cousas as de Fisober. Despois duns primeiros minutos nos que apenas se viron ocasións de perigo. Fisober decidiu poñerlle unha marcha máis, e así Ana era frenada pola porteira visitante María, e uns segundos despois Patri ,desta vez, atopabase coa acertada María.
Pero o gol chegou os 7 minutos cando unha combinación de tódalas xogadoras de Fisober era rematada a gol por Elsa.
E para abrir un pouco máis de brecha Noelia facía o segundo e daba tranquilidade as locais. E tanto se tranquilizaron que se deixaron ir e as de Poio respostaron os goles con tres boas ocasións, na que solo a súa falta de puntería lles evitou apretar de novo o electrónico, un pau de Mar despois de que a tocara a porteira local Eva, logo foi a visitante Paula e para rematar outra xogadora do Poio .
Parece que estas ocasións espertaron as locais e así de novo despois de dúas boas combinacións primeiro Ylenia, que facía o seu primeiro gol en Autonómica e despois Myrella poñían un 4 a 0 tranquilizador para as da Costa. Aínda así Nerea Vigo tivo preto o primeiro gol visitante antes do descanso.
A segunda metade foi tediosa cunhas locais as que non lles sentou nada ben a mañan. Este periodo abriase cunha nova ocasión do Poio por parte de Nerea García.
A resposta foi por parte de Barca que non vio a Patri mellor situada para o gol. Uns minutos despois de novo Barca non era quen de marcar. Poio non se rendía e quería o seu gol, pero Nerea García non podía con Paula que defendía a meta do Fisober nesta segunda metade.
E ese merecido gol chegou despois dunha excelente xogada ensaiada que deixou a Laura marcar a pracer. Como todo o partido Fisober tivo como reacción a ese gol unha ocasión de Noelia que non vio a Elsa no segundo pau.
Poio buscaba o segundo e aínda que Nerea Vigo non o conseguiu nunha primeira ocasión , despois a case tres minutos para o final si o logrou finalizando unha contra.
Fisober tomou nota e decidiu apretar de aquí o final, así a debutante Nuria facía o seu primeiro gol ca camiseta do Fisober. Poio tivo unha nova oportunidade para reducir distancias que non aproveitaron.
Foto cun dos colaboradores Restaurante O Coral de Muxía |
Quen si desexaba non irse de baleiro o día que se xogaba na súa vila foi Barca que marcou dous goles case consecutivos antes do final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario