Por cuarta vez en cinco anos se non recordo mal, tocounos o City, o oso máis duro de roer de Europa. O venres nublousenos o día pero vamos a falar un pouquiño.
Desas tres veces anteriores, o ano do Covid e de Zizou, caeu do lado británico aquela eliminatoria que durou de febreiro a agosto se non recordo mal.
Despois está aquel máxico momento da Champions mítica do Ensanche como lle chamamos nestes lares.
O ano pasado pois despois de facelo ben na casa pasounos o temporal en Manchester.
Ademais de tocarnon o City, temos a Jude, Vini, Tchou e Cama a un cartón de perderse a volta en Manchester e non son calquer xogador.
Todo apunta a que esta semana van voltar ó grupo, entrando na próxima convocatoria tanto Tibu coma Eder. Que ninguén se leve a equivoco, despois de tantos meses parados, nin están para estas guerras, nin me extranaría que tiveran unha lesión muscular na perna na que non tiveron a lesión. Parece ser que lle vai dar un par de amigables internos fronte a rapazada no parón de seles.
Por sorte sacamos adiante o partido de Pamplona e seguimos a ter certa vantaxe en Liga, pero rotar vs o Mallorca vai ser importante tamén, non pode facer coma ó ano pasado e non chegar frescos a Manchester, tanto física coma mentalmente. Tampouco pode cascarnos un Kroos, Modric xuntos, temblo solo pensando esto.
Uns datiños, o City esta tempada en tódalas competicións se non me trabuco en 43 partidos, leva 32 vitorias, 6 empates e 5 derrotas. 104 goles a favor e 43 en contra.
O Madrid en tódalas competicións, en 41 partidos, leva 32 vitorias, 7 empates e 2 derrotas. Con 96 goles a favor e 37 en contra.
Se chegan todos ben e non cae ningún cas seles, nin nas vindeiras semanas plantexábame xogar con Joselú ese día no Berna, creo que Jude xoga mellor con el e Vini creo que tamén, balóns arriba sin complicarnos e moita velocidade e presión, un equipo moi físico, a queimar pernas. Temos que chegar con todos ó 200%.
O madridismo está un pouco detruido co sorteo, e vémolo difícil, incluso case imposible. Pero claro somos o club que sempre tenta gañar o imposible. Tampouco podemos chorar porque nos tocou o rival maís duro, si a queres gañar telo que eliminar tarde ou cedo.
Somos o Real Madrid e ante os retos o primeiro neste club é o ánimo de triunfo.
Poñeríalle un par de videos ós xogadores de como os burrearon o ano pasado e o posado do Pep and directivos cos catro dediños no partido de volta, detalles que tocan a fibra.
Martes 9 de abril e mércores 17, con ida no Bernabéu e volta en Manchester, ata iso non axudou, vémonos no Ensanche.
Un saúdo para Security Man, que di que andamos un pouco froxos no blog, intentaremos mellorar para que nos consiga moitas visitas.
#HalaMadrid #RealMadrid #RealMadridvsCity #RMCity
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario