Despois dun tempo voltamos co Raghadores do pasado, hoxe toca a tempada 86/87.
A tempada rematou co título de Liga, a mítica Liga do "play off" con 44 partidos de nada.
Na Copa de Europa, primeiro eliminaron ó Young Boys de Berna, perdendo un a cero alí e remontando na casa por cinco a cero. En oitavos con un a cero fronta a Juve no Bernabéu, alí caemos por idéntico resultado. Recordo aquela noite na radio de "ultratumba" a noite do parapenaltis de Turín que lle chamaron a Paco Buyo. En cuartos o Estrela Vermella cun catro a dous para eles en Beograd, e dous a cero no Bernabéu, naqueles tempos do valor dobre dos goles en campo contrario. Para rematar caendo co Bayern, cun catro a un en Múnich e tan solo un a cero no Bernabéu.
En Copa caemos en semis fronte ó Atlético, tres a dous no Bernabéu, pero dous a cero no Calderón.
Coma míster chegaba ó equipo Leo Beenhakker: Grandes recordos con el, porque para un servidor sempre estará ligado a Quinta, tamén estará ligado a bo xogo e quedarnos sempre as portas na Copa de Europa.
Segundo BD o once ideal ou os xogadores que máis xogaron serían: Buyo, Chendo, Camacho, Sanchís, Salguero, Solana, Míchel, Gallego, Gordillo, Hugo Sánchez e Butragueño.
No plantel tamén estaban: Agustín, Valdano, Martín Vázquez, Pardeza, Juanito, Ochotorena, Mino, Santillana, Jankovic. Despois Julio Llorente, Maqueda, Cholo e Maceda non probaron minuto, coma tampouco os porteiros Agustín e Ochotorena.
As altas foron:
Paco Buyo: Foi o porteiro dunha época do Madrid. Moi querido, un saltinbanqui, palomitero pero que paraba bastante. Un pouco tirititeiro, sempre recordo un espectáculo que montou con Futre. Despois daquelo xogaba a pintala co meu curmán sobre aquel lamentable acto. Rematou con Pedre na noite o que di como sería, un chirincirco vaia.
Mino: Central dos de antes, duriño, non teño moitos recordos del no Madrid.
Milan Jankovic: Chegou pola hepatite de Valdano, pero non era dianteiro era un gran medio. Sorprendeu moito porque non o tiña controlado case ninguén naqueles tempos. Un descubremento.
Julio Llorente: De mítica familia dos Llorente Gento, foi un minicomplemento no Madrid para posicións en defensa. Ese ano non probou alimento quente.
Maqueda: Prometía moito e tiña calidade, para xogar atrás ou no medio, unha lesión desfixo a súa carreira coma merengue.
Coma sempre para máis info recomendamos pasar por bdfutbol ou googlear.
#HalaMadrid #RealMadrid
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario