Unha vez rematada
a Final de Lisboa un amigo meu trataba de menosprezar a vitoria do Real Madrid unha e outra vez, un
servidor sempre achaba a resposta as súas críticas ata
que chegou un punto rendido ante a evidencia e como última saída pronunciou “chámalle X” , nunca mellor dito xa que
X ( dez en romano para os neófitos ), deixoume o título perfecto para calalo e
hoxe para falar da conquista da Décima cuns días de distancia onde todo
se ve con outro prisma.
Teño e debo
pedirlle desculpas a Carlo, durante toda tempada fun moi crítico con el, pero
logrou o que outros moitos quixeron e non acadaron, traer a ansiada Copa de Europa de volta a súa casa, ó Bernabéu.
A marcha de Özil fastidioume e moito e iso que
traía o meu xogador fetiche Gareth Bale,
ademais levábame a furia xa que pensei
que se ían cargar a Xabi Alonso
tamén. Con perspectiva días despois vía clara a presunta posición do
adestrador. Quedo con Coentrao e Di María e cubro o lateral esquerdo e
os interiores. O que seguía sen entender era o pouco que rotaba o equipo. A miña teoría
de sempre de Marzo para adiante tes que ter o maior número de xogadores
implicados e cunha forma razoable, e o menor número posible de xogadores
queimados.
E constatado
queda cando os homes da Final foron ademais de Ramos, o propio Di María
e Isco dous xogadores cos que poucos
contaban para os grandes momentos.
Pero non quero
que sexa un análise deportivo senón de significados. A conquista da Décima certamente foi unha liberación,
coma no seu día foi a “Sétima” , naquelas
datas vin no bar dun coñecido un titular que me quedou tatuado para sempre “ O Real Madrid sempre volve”, certo
verdade ?
Xa cansado de aturar os inventores do fútbol , si
eses que me paraban o día despois de que ganaran algo radiantes, ou que preguntaban
con sorna como estaba meu pai ( gran
madridista por certo ) .
Cal será a razón
pola cal xa non me paran agora, sigo esperando, debín de volverme invisible xa
que non me explico. A vostedes tamén lles pasou verdade ? Fálase que os médicos a diagnosticaron co nome de invisibilidade temporal de Lisboa, ou
iso escoitei. Eu persoalmente é a cuarta que disfruto, por si alguén non o
sabe.
Que nos cargáramos e de que maneira cun equipo de
atletas o seu querido druida e futurólogo que anda por terras bávaras foi o
arranque da misteriosa enfermidade, mellor dito debeu ser cando lle
saltaron os pistóns e os isquios din
a un dos exemplos do seu canteira vs carteira, non sigo que me cego eu
tamén, cazar mitos chámase.
Un servidor ten
as súas ideas pero respeta a dos demais, iso si quero que respeten as miñas tamén. Non refuso unha boa conversa
sobre fútbol ou do que sexa. Non son perfecto nin moito menos, i equivoqueime,
equivócome e equivocareime moitas veces,
nada máis hai que ver as críticas a Carlo e como me calou a boca, jeje.
No fútbol o igual que na vida tento ser honesto, seguir
unha liña, non andar dando tombos segundo me conveña, mediocre pero honesto.
Cambiar de pensamento sen motivo aparente non é o meu. Esas persoas que
endeusan a xente sen motivo aparente e tamén sen motivo aparente as baixan os
infernos.
Como dixo
Callejón no seu día : “ Ni los buenos son tan buenos, ni los malos
son tan malos”.
Non me caen os
aneis si teño que desculparme de calquera si considero que ten razón, pero non
podo loitar contra esa xente que non entra en razón e solo ve unha forma única
de fútbol falar contra paredes non por favor, o tempo pon a cada un no seu
sitio, así é o fútbol , cuestión de
momentos e de saber aproveitalos.
Eses que non
recordan : Ano 2009
en 3 ocasións pasou esto ( os inventores do fútbol ) , nas 3 o Barça dominou en
todo momento o partido sin deixar pasar o seu rival do medio campo e recibindo uns arbitraxes
lamentables en contra:
Semi de Champions : Chelsea vs F.C.Barcelona. Minuto 93 gol de Iniesta para o 1-1 que foi definitivo.
Final Supercup : F.C. Barcelona vs Shaktar . Minuto 115 ( prórroga )gol de Pedro para o 1-0 que foi definitivo.
Final Mundialito : F.C. Barcelona vs Estudiantes. Minuto 89 gol de Pedro para o 1-1 e minuto 110 ( prórroga )gol de Messi para o 2-1 que foi definitivo.
Semi de Champions : Chelsea vs F.C.Barcelona. Minuto 93 gol de Iniesta para o 1-1 que foi definitivo.
Final Supercup : F.C. Barcelona vs Shaktar . Minuto 115 ( prórroga )gol de Pedro para o 1-0 que foi definitivo.
Final Mundialito : F.C. Barcelona vs Estudiantes. Minuto 89 gol de Pedro para o 1-1 e minuto 110 ( prórroga )gol de Messi para o 2-1 que foi definitivo.
Para rematar , a bo seguro para a maioría dos madridistas a
Décima tivo un significado especial por
moitas outras razóns, esas razóns
sentimentais/persoais que son patrimonio
de cada un e polas que quedará marcada nos nosos corazóns para sempre. E
gañar sufrindo mola máis que queredes que vos diga.
Hala Madrid y nada más !
No hay comentarios:
Publicar un comentario