Mañá o Real
Madrid ten unha nova oportunidade de chegar a unha Final de Champions e nunha
semana todo trocou, os pesimistas
volvéronse optimistas , a mentira do
resultado rapaces. Hoxe vou tentar ser curto e claro.
Para mércores tiña boas vibracións e déronse, pero non me gusta tanto optimismo , non me fío nada, por unha serie de cousas :
München e Alemaña dan medo por si solos
para o Real Madrid. Vin tantas veces está película, un Real Madrid superior no Bernabéu, que non foi o caso, fomos
máis efectivos , que despois caía con estrépito unha e outra vez en terras
bávaras, que xa non sei que pensar. Goles os dez segundos, balóns colgados, a contra, en xogada, non sei que enumerar. Non fai tanto que tivemos o exemplo.
Polo tanto queda
moito, moito que traballar. Le Pep é
un gran adestrador e non vai caer outra vez nos mesmos erros, vai presentar
variantes. Un “puto amo “ que manexa tan ben coma outros as roldas de prensa e o
outro fútbol, algunha nova perla deixará.
A gran dúbida?
O sistema. Vamos volver a un 4-3-3 que neste tipo de partidos foi a
nosa morte. Un servidor non o faría, creo que sería un suicidio. Na Final de Copa e na ida a sorte , penso eu, concedeu a Carlo salvarse desta cuestión o
faltarlle Cristiano nunha cita e Bale na outra, pero mañá terá que tomar
decisións.
Eu aposto polo 4-4-2 que tan bos resultados nos deu, con liñas xuntas e xogadores moi
concentrados e solidarios.
O que me leva os
nomes, que cromos poñemos. Vai poñer a BBC,
pois eu tamén ma cargaría. A razón que Carlo pode pedirlle que traballen para
atrás e poden facelo, pero a concentración defensiva en calquera dos tres non
creo que superara o cuarto de hora. Despois coma sempre a cabra tira o monte. Ademais sabendo o gran traballo que Isco e Di María realizaron nestas dúas citas.
A quen me cargaría ? Para min clarísimo Bale o banco. Cristiano
ten que xogar e Karim é o nexo
perfecto o que fai xogar o resto.
Ademais terías un revulsivo se as cousas van mal. Aceptará Florentino 100 kilos no banco, quizais aceptaría a Karim. Para un
servidor Karim é o máis necesario dos
tres o lanzador, o home que fai as
paredes, que descarga , que fai xogar.
Difícil decisión
para Carlo e para calquera pero para
iso cobra tanto. Debe saber que faga o
que faga se non pasa vai ser criticado e arrasado, o exemplo teno no outro
banco. Guardiola pasou de heroe a
vilán, si pasa volverá a ser o mellor e se cae terá que aguantar outro torrente
de críticas. Aquí todos esperamos ca pistola cargada.
Para rematar
unhas pinceladas, para falar de
atletas, posesión ….. xa deixei un interesante link o outro día coas outrascrónicas e cousas do Real Madrid vs Bayern, pero algo si digo Pep nunca da puntada sen fío e tódalas súas
declaración buscaban algo , non o dubiden.
Que é fútbol bonito? como se disfruta máis? Falarei levemente de dous recordos, quizais o día de máis tristeza
e de máis ledicia que me deu o Real Madrid :
Vagamente recordo a mítica semifinal de Copa
de Europa fronte o Psv Eindhoven .
Nun partido de volta que o Real Madrid da “Quinta”
pechou os holandeses, nun partido cheo de ocasións e de tiros os paus, partido
memorable dixeron algúns, solo nos faltou a sorte, pero no que
quedamos eliminados, tristeza , desilusión e a sensación de nunca ver o Real
Madrid nunha final da Copa de Europa.
Anos despois ,
Holanda de novo, Amsterdam desta
vez, un Real Madrid cun fútbol como
dirían os puristas non moi bonito, sen dominar, moi lonxe de aquel da
“Quinta do Buitre” deume a alegría máis grande que nunca me dará o Real Madrid,
vinlles gañar unha Copa de Europa algo
que xa pensaba que nunca vería, a mítica “Séptima”.
Creo que neso se resume o fútbol, alegrías e
tristezas, ilusión e cabreos, cada un que o disfrute como e cando queira e da
maneira que queira. Todos sabemos de fútbol e non hai un fútbol único, pero
todo remata e comeza no gol e na vitoria a maneira de chegar a eses lugares é
cuestión de cada un.
No hay comentarios:
Publicar un comentario