martes, 2 de abril de 2024

O banco da lonja. A película na Arliña.

 Facía tempo que non nos contaban nada os nosos amighos do banco da lonja. Hoxe vannos contar sobre unha película rodada no campo da Arliña e noutros sitios de Muxía.



A película chamouse en España: " Un día bajo el sol", unha peli noruega rodada en Galicia, dinnos os do banco que entre Muxía e Vigo.

Con protagonista noruego, a outra gran protagonista era Ingrid Rubio a que se veu por Muxía naqueles días. Foi no verán non recordan ben se do 96 ou 97. Parece ser que a xente da peli facía noite no Grelo e tomaba as copas no "pub" o Scorpio vaia. 

Contan que podía verse a Ingrid nunha vespa polo pobo. As Pilar Bardem, Paco Rabal, Wyoming ou Luís Cuenca non teñen constancia de que pasaran por Muxía, ou non o recordan.

Grabouse parte no pobo, outra na Barca e outra parte no Municipal da Arliña.

Para o rodaxe necesitaban extras para o que se ía grabar na Arliña. Querían rapaces en idade "xuvenil" futbolística. Así que contactaron con Richard que era o adestrador naquela época. Din que o día que tiñan que grabar faltaba reparto e Richard foi polo pobo porta por porta buscando rapaces para levalos a Arliña e grabar.

Pagaban disque cinco mil pesetas daquela, bastante ben pagados contan os amighis do banco. Os que foron déronlles roupa para xogar e simularon un partido. Eles pensando que ían saír na película todos contentos. Grabaron sons e diferentes cousas. 

O importante daquela parte da película era que os rapaces caialles o balón fora do campo e pasaba por alí o actor, eles berrábanlle dende o muro que llo devolvera e balón para dentro e todos felices.

Pero o director ocorreuselle que o balón caía o mar e tiña que ir un rapaz por el. Por unhas pesetas máis ías polo balón, pensan que fora Ángel o que aceptara, e veña unha e outra vez a tirarse polo balón e nadar dun lado para o outro.

Total para nada esas imaxes, non saíron e os do muro pouco saíron. Unha mañán e parte da tarde xogando, comendo  e cobrando para eliminar case todo pero o muro da Arliña saiu na película, os rapaces do muro dificilmente se sabe quenes son.

Un novo conto do banco que alá vai.

Anteriormente:

O filial en Muxía.

O cantante.

A final de Copa.

O título.

No hay comentarios:

Publicar un comentario