sábado, 9 de marzo de 2024

#AkiraToriyama #SonGoku #DragonBall

 Onte coñecíamos da morte de Akira Toriyama, creador do mítico SonGoku, sinceramente ata onte non sabía quen era Toriyama, pero si SonGoku ou Arale, os míticos debuxos  que marcaron unha xeración de galegos.



Recordo con ledicia e añoranza aquela tarde o voltar da escola, despois dun paseo, un xoves se mal non recordo cando conectei a galega e vin o primeiro episodio de SonGoku, como o coñeceu un servidor por exemplo para sempre. Pensei gústame esta serie teño que recordar vela para a semana. O inverno no pobo, no que os debuxos da galega eran chave.

Así, supoño que pensaron moitxs nenxs galegos da miña xeración e posteriores. Primeiro unha vez a semana, como digo, penso que xoves e despois ca fama e a "campeonización" a diario. Unha serie que foi crecendo con nos ,sempre na Galega e en Galego.

Primeiro na nenez da EXB, e despois no instituto e quen sabe para alguén incluso na Uni, un fenomeno que non entendía de idades, un mito para a miña xeración, deses recordos que sempre viven con un.

Un dos meus episodios favoritos foi no que tamén aparece Arale outra mítica de Toriyama como puiden saber onte, esas pequenas cousas sen importancia que enchen a vida dun.

Agora deixo unhas palabras de Orgullo Galego no Face que tamén falan do que dicimos aquí: 

"Son Goku significaba paralizar a túa vida entre quedar cos amigos e amigas, facer os deberes, ir a clase ou a outro tipo de actividades.

Son Goku era estar diante do televisor polas tardes co bocata de nocilla, para algúns tamén significaba estar cos avós.
Pero ademais de todo isto, Son Goku ( e o Xabarin Club) foron a maior ferramenta normalizadora do galego en décadas, a día de hoxe non existe algo semellante, e conseguiu achegar o galego a milleiros de rapaces e rapazas que eran educados en castelán e vivían no mundo urbano, sen esquecer a toda esa rapazada do Bierzo, occidente de Asturies ou mesmo do norte de Portugal.
Grazas a Son Goku aprendimos a berrar en galego, a facer as ondas vitais e o máis importante, chegounos o galego mediante o ocio.
Moitas persoas que somos parte da xeración Son Goku podemos dicir que aprendimos galego grazas a ese traballo feito polos profesionais da dobraxe que traballaban na TVG."

#SonGoku #BolasDeDragón #BolasMáxicas #DragonBall

No hay comentarios:

Publicar un comentario