SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – LEIS PONTEVEDRA: 3-3.
FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ;
tamén xogaron : Mai, Raquel e Tamara.
LEIS : Tami,
Jessy, Ali, Mar e Marta ; tamén xogaron : Tamara, Bibi, Anita e Patri.
ÁRBITROS : José
Ángel Vilas e Esteban Otero , CRONO : Emilio Losada.
GOLES : 0-1 Ali,
( descanso ), 1-1 Noelia, 1-2 Anita,
2-2 Ana, 2-3 Ali, 3-3 Inés.
Partido disputado
na tarde do sábado cunha gran presenza de público na grada e cun bo número de
siareiros pontevedreses para presenciar o derbi pola salvación.
Un gol de Inés a
piques de chegar o último minuto, deulle un punto o Fisober que lle permite
seguir soñando ca permanencia na Segunda División Nacional, nun partido
igualado, vibrante, cheo de emoción e
incidencias e lesións para o Fisober, que o igual que na primeira volta superou as
dúas horas.
Os dous equipos
conscientes da importancia do partido, mostráronse nerviosos e imprecisos de
saída. Xa no primeiro minuto o primeiro susto para o Fisober, xa que nun choque
fortuito a porteira local Leti tiña que
abandonar a pista lesionada camiño dos vestiarios. O seu lugar ocupouno a
xogadora de campo Raquel que cumpriu con creces nos minutos que lle tocou
defender a portería costeira. Cinco minutos despois volvía Leti, xa recuperada
do forte golpe no xeonllo.
Tamén lle tocaban
os sustos as lerezanas cando a porteira visitante Tami lle sacaba unha clara
ocasión a Inés ca faciana e tiña que ser atendida tamén.
Pero non quedaban
aí os sustos para o Fisober, xa que o pouco de volver a renqueante Leti, nun xiro inoportuno do xeonllo a local Myrella non puido continuar.
Tres grandes paróns que non lle permitiron coller
ritmo o partido neste arranque. O partido era un pouco tolo e os equipos non aproveitaban
as súas ocasións, ata que a cinco minutos do tempo de lecer Ali adiantaba as visitantes. Respostaron as
locais cunha clarísima ocasión de Noelia que non foi quen de empurrar un balón
que se paseou pola liña.
Co cero a un
chegouse o tempo de lecer.
No arranque da
segunda metade o Fisober saíu
concentrado na busca dun empate que logrou
os catro minutos por mediación de Noelia. Pouco lles durou a ledicia xa
que Anita os oito minutos da reanudación volvía poñer por diante as
pontevedresas.
Con este gol o
partido voltouse tolo, as costeiras necesitaban arriscar na busca de polo menos
a igualada, algo que aproveitaban as visitantes para saír en perigosas contras.
O gol podía caer dun ou doutro lado.
E foi un lanzamento
de falta de Ana ,cando restaban xusto catro minutos, que despois de petar na
madeira puxo a igualada a dous no electrónico.
Pero aínda lle
restaba moito por vivir o partido. Xa que a dous e medio para o fin un novo gol
de Ali, dáballe vantaxe as visitantes de novo.
As locais pediron
tempo morto e decidiron arriscar co ataque de cinco, subindo a Leti. Algo que
deu o seu froito cando a pouco máis de un minuto para o fin, Ana sacou unha
falta rápido para Inés que puxo o definitivo tres a tres ante o delirio da
parroquía local , que vía como o seu equipo rescataba polo menos un punto cando
estaba contra as cordas.
Un puntiño que
lle permite seguir soñando o Fisober ca permanencia, antes de afrontar o
difícil calendario que lles queda neste final de tempada.
Dicir tamén que
tanto Leti, como Myrella pasaron polo Hospital na noite do sábado e en principio
as súas lesións quedaron, nun par de semanas de reposo que é o que precisamente
para a competición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario