LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : A
BAÑA F.S.F. – FISOBER “B” F.S.F. : 1-2.
BAÑA : Eva,
Daniela, Rocío, Nerea e María Maroñas ; tamén xogaron : Andrea, Lucía, Lidia,
Fany e Tania .
FISOBER B : Alejandra, Nuriña, Paula Fandiño,
Andrea Muíño e Laura ; tamén xogaron : Andrea Piroja e Paula Lema.
ÁRBITRO : José
Rodríguez ; CRONO : Roberto Míguez.
GOLES : 0-1 Nuriña, 1-1 Andrea, ( descanso ) , 1-2 Paula Fandiño.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón Municipal San Vicente de A Baña.
Despois de case
unha volta sen facelo o filial do Fisober
rachou a súa xeira negativa e volveu acadar unha vitoria, algo que viña
merecendo e polo que viña traballando nas últimas semanas.
O filial do
Fisober fixo unha moi boa primeira metade . Despregando un fútbol sala moi
asociativo e que lle permitiu crear boas ocasións.
Froito do dominio
, mediada esta primeira metade, un balón filtrado por Paula Fandiño cara Nuriña
deixouna no man a man ca porteira, da cal se desfixo cun excelso amago marcando
a pracer o primeiro gol visitante.
Pero o dominio
non se traduciu en goles e non desaproveitaron as locais para igualar nos
últimos minutos desta primeira metade por mediación de Andrea.
Con igualada
chegouse o tempo de lecer.
A segunda metade
foi moito máis tola e con menos orde. O filial xa non foi quen de coller o
dominio do partido. Pero mediada a segunda metade aproveitou unha xogada de
pizarra despois dun saque de esquina para levarse o partido cun gol que rematou
con lanzamento de Paula Fandiño.
As costeiras
aguantaron o resultado para levarse uns tres puntiños que viñan merecendo fai
tempo.
Destacar que as executoras dos goles do filial foron as xogadoras máis noviñas da convocatoria, Nuriña e
Paula Fandiño, pero que foron grazas o traballo de tódalas súas compañeiras, no día que volvía Paula
Lema despois de varios meses de ausencia e no que se enfrontaban a súa ex
compañeira María Maroñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario