SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO : UNAMI
C.P. – FISOBER F.S.F. : 7-1.
UNAMI : Elena,
Marina, Sofía, Laura e Lucía ; tamén xogaron : Patri, Cris, María i Estela.
FISOBER : Leti, Tamara, Inés, Myrella e Noelia ;
tamén xogaron : Raquel e Andrea Muíño.
ÁRBITROS : Sergio
Moreno e Javier Rodríguez , CRONO : Aroa Jiménez.
GOLES : 1-0
Lucía, 2-0 Laura , ( descanso ) , 3-0 Lucía, 3-1 Noelia, 4-1 Laura, 5-1 Laura, 6-1 Cris, 7-1 Laura.
Partido disputado
o pasado sábado no P. Pedro Delgado de Segovia.
A pesar do que
indique o resultado final o Fisober mantívose no partido ata os minutos finais
con ocasións claras para o 3 a 2 que non
logrou materializar, nun raro partido no que recibiu na primeira metade dous
penaltis en contra e un dobre penalti na frontal pero en ningún dos tres casos
as locais foron quen de superar a Leti.
Arrancaba o
partido con dominio local e cun Fisober tentando aproveitar algunha contra. O
dominio do Unami non se traducía en ocasións moi claras e así ían pasando os
minutos.
A ocasión máis clara
por banda local foi un lanzamento o trabe por mediación de María no minuto
oito.
Todo trocou os
dez minutos cando os colexiados sinalaban un penalti que Patri enviaba fora. E
os catorce minutos de novo os colexiados sinalaban un penalti a favor das locais,
pero Leti era quen de detelo.
O equipo costeiro
descentrouse co segundo penalti e máis
cando nese mesmo minuto Lucía adiantaba as segovianas. Foron minutos de agobio
sobre a porta visitante que eran solventados por Leti que mantiña vivo o seu equipo.
A pouco máis de
dous minutos para o fin desta primeira metade os colexiados sinalaban un dobre
penalti na frontal que era detido por Leti. Cando parecía que o Fisober ía saír
vivo desta primeira metade perdendo pola mínima , un gol na última xogada por mediación
de Laura caía coma unha lousa sobre as visitantes.
Peor comezaba a segunda metade cando no segundo
minuto Lucía poñía o terceiro gol local. Parecía o golpe definitivo para as
costeiras. Pero coma en toda está tempada chea de dificultades apareceu o
corazón que ten este equipo e deu un paso adiante, non se rende e deixa ata a
última gota de suor na pista.
Chegaron os
mellores minutos visitantes. Cun lanzamento o trabe de Noelia e un o pau de
Inés. O gol tiña que chegar e foi por mediación de Noelia os nove minutos. O
partido abriuse moito con oportunidades por ambos lados.
E ata tres
grandes ocasións tiveron as visitantes para apretar o partido. Tamara e Inés
por partida dobre puideron reducir diferenzas e poñer nerviosas as xogadoras
locais. Pero ese gol non chegou.
O que si chegou
foi o gol de Laura a pouco máis de tres minutos para o fin que este si foi
definitivo para a moral das costeiras. Que recibiron tres novos goles dende
aquí o final obra de Laura, Cris e novamente Laura a quince segundos para o
fin.
Destacar que foi
o primeiro viaxe co primeiro equipo da xogadora do filial Andrea Muíño e que
Ana quixo viaxar co equipo a pesares de
non estar aínda dispoñible para xogar o que amosa o compromiso do grupo a
pesares dos resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario