SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – FUTSI ATLÉTICO B : 0-1
FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ;
tamén xogaron : Raquel, Mai e Tamara.
ATLÉTICO B :
Cris, Mali, Ainhoa, Marta e Rocío ; tamén xogaron : Sandra, Laura, Elena,
Alicia e Marilia.
ÁRBITROS : Jesús
Montero e J. M. Carreira , CRONO : J. A. Fernández.
GOLES : Chegouse
con 0-0 ó tempo de lecer , 0-1 Marta.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo cun pavillón ateigado de público pola visita do filial do Atlético.
Nun partido moi
igualado e cheo de emoción a vitoria caeu do lado madrileño que foi o único
capaz de perforar a porta contraria cun solitario gol de Marta.
O comezo do
partido sinalou o guión do partido , dominio visitante cun conxunto local esperando
a media pista na busca de saír en rápidas contras. E xa no primeiro minuto o
Fisober acadou a súa contra , na que
Noelia enviou cruzado lambendo o pau esquerdo da portería madrileña.
Os minutos foron
pasando con ese desenrolo , control do balón do filial “colchoneiro” e as
costeiras cun enorme traballo defensivo, tentado aproveitar as súas contras.
Ningún dos dous equipos gozaba de ocasións moi claras e de chegar aparecían as
porteiras para resolver con solvencia.
Con igualada a
cero chegouse o tempo de lecer.
Na segunda metade
nada cambiou na película do partido, todo transcorría de modo semellante a
primeira, dominio visitante e gran traballo defensivo local. Os catro minutos
da reanudación Mali enviaba un balón o trabe na mellor ocasión visitante ata
eses momentos.
Os dous
equipos seguían confiando nas súas
posibilidades. A mellor ocasión local foi mediada esta segunda metade cando un
lanzamento lonxano de Mai golpeou nunha xogadora visitante e cando parecía que
se coaba , cuns siareiros que xa cantaban o gol, apareceu unha man milagrosa de
Marilia que puido trocar o partido.
Deulle alas as
locais a ocasión que disfrutaron dos seus mellores minutos, pero Marilia ,
porteira visitante na segunda metade, mostrouse infranqueable. E as visitantes
que tamén tiñan as súas , tampouco podían superar a Leti.
Pero a cinco
minutos para o fin a visitante Marta non errou e marcou un gol que a postre foi
definitivo. O gol foi un duro golpe para
o cadro costeiro, que arriscou máis e tentouno ata o fin pero as madrileñas
mostráronse moi tranquilas e seguras. Sendo elas agora as que gozaban de
ocasións a contra, tendo unha moi clara a dous para o fin.
Neses dous
últimos minutos decidiron arriscar as costeiras
subindo a Leti o ataque de cinco con posesión de balón pero sen acadar froitos.
En definitiva o
Fisober volveu a dar a cara nun partido igualado pero sigue sen sumar nun
Pavillón de Vimianzo que non lles está a traer sorte está tempada a pesares do
bo traballo que está a realizar o equipo coma local. A mellor noticia foi a
volta da capitana Ana lesionada dende Xaneiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario