LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : CONCELLO DE PONTECESO – FISOBER “B” F.S.F. :
4-0.
CONCELLO DE
PONTECESO : Salomé, Martina, Noa, Elsa e Sandra ; tamén xogaron : Carmén,
Cintia e Ana.
FISOBER B : Alejandra, Andrea Piroja, Nuriña,
Paula Fandiño e Laura ; tamén xogou : Antía.
ÁRBITRO : Paula
Garrido , CRONO : Jose A. Lamas.
GOLES : Ana 2
goles, Elsa e Cintia 1 gol. Todos eles na primeira metade.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Ponteceso.
As necesidades do
primeiro equipo que se levou a Tamara e Andrea Muíño xunto cas baixas que
padece o filial, deixaron a solo seis
xogadoras en condicións de xogar o derbi
, as seis máis noviñas por certo que a
pesar de que os resultados non están a acompañar, deixan todo na pista e
móstranse coma un grupo moi unido.
O partido tivo
pouca historia dominio local e as visitantes tentando aproveitar algunha
contra.
Un gol
tempraneiro e tres goles case seguidos nun tramo de despiste visitante no último cuarto da primeira metade mataron
definitivamente o partido.
Na segunda metade
mesmo guión pero menos ocasións e electrónico xa non se moveu.
A vindeira semana
o filial de novo terá derbi fronte o Lira en Vimianzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario