Ridículo,
lamentable, patético, bochornoso …………………… quedaría sen adxectivos para falar do
que representou o Real Madrid na noite
de onte foi un dos partidos que máis vergoña pasei como madridista, será que os
que se xogan o finde apenas o podo ver ?,
, demos moita peniña, xa non recordaba partidos así, se chega ser outro o rival
penso que queiman o Bernabéu.
Por onde empezar,
pois eu creo que o gran problema é de colocación e desequilibrio. Os equipos
saben que o noso mediocampo está en inferioridade e atacan esa debilidade. O
como é moi fácil, superar a inexistente primeira zona de presión e crear
superioridade no medio.
Os tres de arriba
ou non presionan, ou presiona un, ou fano solos e xa está o fillo feito. Como o
equipo non é un bloque, senón que se divide en ataque e defensa os equipos
contrarios poden facer festa. A defensa volve estar moi aculada, pegada a
frontal do área co que hai 60 metros de distancia entre dianteiros e defensa.
Se por encima os medios non son especialistas
pois branco e en botella e aínda que o foran é moita pradera que controlar.
Ademais se lle
sumamos as numerosas perdas en ataque o
que deixaba sempre a BBC , Isco, un lateral como mínimo e moitas veces a
Khedira, de que vai Khedira pero a culpa é de quen o pon , superados cun simple balonciño. Si o equipo
non está xunto é imposible.
Así foi non
gañamos un rexeite en todo o partido froito do absoluto desorde que fomos. Esa
é a razón principal agora falaremos un pouco das menores, que non menos
importantes.
A tripleta máxica
non se involucran e así é imposible
roubar arriba e saír pitando cara a portería contraria.
O Real Madrid ten
furados por tódolos lados e iso é porque estes xogadores non poden e outros non
queren facer bo o 4-3-3, o cal me leva a
outro punto, hai que voltar o 4-4-2.
Pero un 4-4-2 de
verdade e para el dou dúas opcións quizais tres e que elixa Carlo. Unha con Bale na esquerda e
con gañas de ser interior e non pasar de todo, senón por moito que me doia terá
que ir para a banqueta el , ou Benzema pero penso que a día de hoxe debería ser
el.
A segunda opción
e quitar a Kroos do posto de 5, a día de hoxe vese superado e fundido. Creo que
onte non pillou un rexeite na frontal e mira que houbo uns cuantos, entre que
non é un especialista e non pode, pois iso.
Quen debe xogar
de 5 pois ou Illarra ou Lucas, así de claro, con Kroos, Isco e Modric no medio
e arriba Cristiano e outro , a día de hoxe penso que Karim volvo a repetir.
Ademais un tirón de orellas a máis de un non lle viría mal, están acomodados
pois a disfrutar da comodidade do banquillo. Outro problema o acomodados que
están os suplentes, ou o que os amargou Carlo. Podería quedar unha terceira
opción subindo a un dos laterales titulares
o medio campo pero os suplentes non convencen.
O que me leva o
seguinte tema, faleino antes de arrancar o partido que non me gustaba a
alineación. Non me gusta que xogue Khedira por diante de Illarra e Lucas, un
xogador que xa non pensa no Real Madrid non debe xogar no Real Madrid salvo
forza maior. Tampouco me gusta que xoguen Coentrao e Arbeloa xuntos e vai e
poñe os dous, penso que Nacho a día de hoxe é mellor lateral que calquera dos
dous.
As razóns moi
simples, Coentrao debe de ser o peor profesional da plantilla si quixera era un
moi bo suplente, pero pasa de todo, vive lesionado, que tio. O caso de Arbeloa
é distinto, penso que é un gran profesional pero xa non da o nivel do Real
Madrid e díxeno fai tempo, dame pena por Álvaro pero é o que hai.
Si por encima
Carlo despois de non darlle un “puto minuto” en séculos os suplentes os pon os
tres xuntos, pasa o que pasou. Isto era moi de “Bigotes” experto nestas laudes.
Chegamos a outro
tema recurrente nos meus artigos que non vou desenrolar outra vez , non pos os
suplentes en todo o ano podendo e despois cando che fan falla pasa o que pasa,
culpa de Carlo. Non lle gusta ningún suplente penso, onte Lucas Silva a grada,
para que o fichamos, que fai Casemiro en Porto ? Tampouco lle gustaba ?
Demasiados interrogantes para un adestrador na picota , o Nou Camp pode dictar
sentencia. Onte funme para a cama ca sensación de que ía custar traballo entrar
entre os tres primeiros e iso é moi grave para este Real Madrid. Debeu quitar
un de arriba e poñer un home máis no medio para controlar algo o partido, era
un cambio simple coma contra o Vilarreal cando puxo a Illarra, pero nin de iso
se deu de conta Carlo , a cara o final do partido decíao todo.
Entramos no tema
final do que vou falar para non aburrirvos, o partido foi unha evidencia de que
os rivais chegan moi fácil, que despois xoguemos sen porteiro e tema noso.
Casillas xa non da o nivel do Real Madrid e penso que o equipo o sabe, creo que
é outra das causas de que o equipo acule tanto. Onte despois do seu lamentable partido, exerceu coma capitán por primeira vez, para a galería ?
Isto todo sen ver
as imaxes impactantes que a bo seguro
nos ofrecerán a mediodía os programas deportivos, medo me da e aínda así xa
queimaría todo. Ou traballan coma un grupo no campo sen distancias ou aínda
pode empeorar isto. Fai un ano dixéronlle a Isco os pesos pesados, amigo aquí
ou corres ou vas listo, a ver si se aplican o conto todos, 10 km menos cos
alemáns correu onte o equipo, así que
non todo foi desorde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario