SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
ALOVERA – FISOBER F.S.F. :6-3.
ALOVERA :
Verónica, Desi, Virginia, Elisabeth e Rocío ; tamén xogaron : Leticia, Jessi,
Esther i Eli.
FISOBER : Leti, Ana, Inés, Myrella e Noelia ;
tamén xogaron : Mai e Tamara.
ÁRBITROS : Israel
Ortega e Victor Sotodosos , CRONO : Patricia Monreal.
GOLES : 1-0
Rocío, 2-0 propia porta, 2-1 Tamara, (
descanso ) 3-1 Leticia, 4-1 Elisabeth, 4-2
Noelia, 4-3 Myrella, 5-3 Leticia, 6-3 Virginia.
Partido disputado
na tarde do sábado no P. M. La Dehesa de Alovera en Guadalaxara.
De novo un
partido igualado no que o Fisober puido traer algo para a Costa pero volveu sen
botín algún, pagou caro o seu mal inicio e a falla de gol cando o partido se
igualou, ante un Alovera que aproveitou mellor os seus momentos de partido.
O inicio do
partido non foi nada bo para as costeiras xa que os tres minutos Rocío poñía en
vantaxe as locais complicando aínda máis o partido. O Fisober non se atopaba
nada cómodo e as locais dominaban o partido o seu gusto.
Co paso dos
minutos o Fisober foi entrando no partido e a súa primeira ocasión clara foi a
cargo de Inés.
Pero os once
minutos todo se puxo máis costa arriba se cabe, cando un despexe de Inés
golpeou na cara a Mai , entrando mansamente na porta visitante, queda claro que
a sorte tampouco esta cas costeiras.
Solo dous minutos
despois Tamara reducía distancias para o Fisober, unha Tamara que acadaba o seu
primeiro gol en Segunda División. Ese gol deu folgos as visitantes que gozaron
duns bos minutos finais desta primeira metade, con moi boas ocasións para Mai e
Noelia , pero o resultado xa non se moveu ata o tempo de lecer.
O arranque da
segunda metade non foi o mellor para as costeiras. Leticia avisaba cunha gran
ocasión para as alcarreñas.
Unha Leticia que
os sete minutos desta segunda metade facía o tres a un. Máis se compricaban as
cousas cando Elisabeth transformaba un discutido penalti no catro a un que
parecía pechar definitivamente o partido.
Cando todo
parecía xa perdido apareceron os
mellores minutos costeiros i é que si algo ten este Fisober é que nunca se
rende, loita ata o final, cun partido que se voltou tolo con ocasións en ambas
porterías.
Noelia reducía
distancias a once para o fin e Myrella deixaba o partido nun pano , cando aínda
restaban oito minutos. Daba a impresión que o partido tolo lle viña mellor as
visitantes e as locais pediron tempo para tranquilizar a cousa. Ocasións en
ambas porterías e protagonismo tamén para as porteiras.
As ocasións máis
claras para as costeiras foron por mediación de Inés e Mai. Cando a dous e
medio para o fin o Fisober tiña preparado xa o xogo de cinco, unha contra local
finalizaba co gol de Leticia que poñía o partido case imposible.
Aínda así o
Fisober sacou o xogo de cinco con Leti arriba, e gozou de moitas e boas
ocasións, para Noelia, Ana e incluso un pau de Inés, pero quen si acertou foi o
Alovera que nun roubo acadou o definitivo seis a tres obra de Virginia.
O Fisober non
puido traer nada de Alovera co que decidirá boa parte da súa tempada no derbi
da vindeira semana fronte o Leis Pontevedra en Vimianzo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario