LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
FISOBER “B” F.S.F. – CONCELLO DE CARNOTA – LIRA F.S.F. : 1-1.
FISOBER B : Alejandra, Andrea Piroja, Nuriña,
Paula Fandiño e Laura ; tamén xogaron : Tamara, Andrea Muíño e Antía.
LIRA : Lía, Inés,
María Tobio, Sandra e Barbara ; tamén xogaron : Alba, Martina e María.
ÁRBITRO :
Victoria Mosquera, CRONO : Rita López.
GOLES : Co 0-0
chegouse o descanso ; 1-0 Antía, 1-1
Sandra.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón de Vimianzo.
O filial do
Fisober acadou o seu primeiro
punto na segunda volta e o
primeiro punto coma local esta tempada, nun derbi no que despois de moitas
semanas puido contar con máis de un cambio para o partido. Un encontro que
puido gañar xa que a tres minutos do
final estaba en vantaxe no electrónico.
Co equipo liracho
chegaba Alba Cambeiro que tantas tempadas militara no primeiro equipo do Fisober e que deixara o equipo na tempada
2011-12.
A cadete baiesa
Antía que anotaba o seu primeiro gol na Liga Provincial, nesta tempada na que
se está a producir o seu debut na categoría e no clube. Un gol que chegou no
arranque da segunda metade.
O gol de Antía foi neutralizado a tres minutos para o final
pola visitante Sandra, poñendo o definitivo 1 a 1 co que se chegou o final do
partido. Reparto de puntos o igual que na primeira volta.
O filial non terá
partido ata o vindeiro día 28 no que visita a pista de A Baña onde milita outra
ex coma María Maroñas xa que a próxima
semana deben descansar e a seguinte para a Liga.
Dende aquí darlle
a Noraboa a Eva Lema, actualmente no Viaxes Amarelle e que pertenceu moitos anos a disciplina do
Fisober F.S.F. xa que ven de lograr ca selección galega sub 21 o Campionato de
España disputado este fin de semana en Murcia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario