LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : BEART 5 CORUÑA – FISOBER “B” F.S.F. : 1-0.
5 CORUÑA : Gema, María Veiga, Ali, Anita e Lupe ; tamén
xogaron : Leny, Mel , Sofía e Ana.
FISOBER B :
Alejandra, Paula Fandiño, Tamara, Nuriña
e Andrea Muíño ; tamén xogaron : Paula Lema, Andrea Piroja e Laura.
ÁRBITRO : J. M.
Carreira ; CRONO : Berta García.
GOLES : 0-1
Nuriña , 1-1 Ali , con ese resultado chegouse o tempo de lecer e despois foi
definitivo.
Partido disputado
na mañá do domingo no herculino Pavillón do Novo Mesoiro. Un filial que chegou
A Coruña , cuns cores inhabituais que parece que lle deron sorte, camiseta
branca e pantalón negro.
O filial acadou
un meritorio punto ante o terceiro clasificado onde brilou a boa disposición, o
traballo, cun equipo moi solidario en tódolos aspectos do xogo.
O bo partido das
rapazas do filial costeiro refrendouse os catro minutos cun gol de Nuriña.
Pouco lle durou a ledicia as costeiras xa que Ali igualaba os seis minutos.
A pesar do
tempraneiro empate as visitantes non se descompuxeron e seguiron coa súa boa
labor. Con circulación do balón e algunha ocasión, a mellor nesta primeira metade por parte da goleadora Nuriña que enviou un
balón o pau.
As herculinas
tentaban moito lanzamento lonxano que
non acadaba o resultado esperado.
Na segunda metade
acrecentouse o dominio local na súa busca da vitoria , pero as costeiras tamén
tiñan as súas ocasións.
Un pau de Paula
Fandiño e ocasións para Andrea Muíño e Tamara foron as mellores pola banda
visitante.
Nos últimos
minutos o empuxe das herculinas meteu
atrás o filial, pero resolveron e aguantaron o tirón neses
últimos minutos e acadaron un balsámico punto despois de moito e moi
bo traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario