Xa van Quince Champions para o Real Madrid, incribel pero certo. Coma sempre mirando ó ceo, vai por ti amigo, que sepas que puiden levar ó xefe ó Bernabéu, que está máis espectacular ca nunca, disfrutou coma cando íamos nos.
Un que creceu no seu madridismo con aquelas míticas frases das de branco e negro, cas eliminacións ante o PSV ou do Milán de Sacchi e mira ti por onde que xa recorda gañar ata nove Champions. Todo mudou ca máxica Sétima e dende aquela vamos a lume de carozo.
Sobrevivimos ó supostamente mellor Barça da historia e ó supostamente mellor xogador da historia e lonxe de acercarse a nos en Champions, agora estamos máis lonxe. Como sempre digo esto e o Nicrariensisnato fixéronnos máis fortes, ó igual ca Songoku cando se enfrontaba a rivais con mermas ou con pesos, sempre en desvantaxe, foi un acicate para esta xeración para facernos máis fortes.
Coma comentaba Vilarino en "tuiester", contaba que tiña un amigo que apesares de que o Madrid gañara todas esas Champions, el era do equipo que máis gañara ó Antimadridismo FC, incluso eses sufren nestes últimos dez anos, nas que gañamos dez. Non ser madridista é renunciar voluntariamente a felicidade coma di Jabois.
Terzic deulle un baño e masaxe ó Carlo nos primeiros 45 minutos, moi certo esto. Coméronnos vivos, gañaron cada balón dividido, pero iso tamén merma no físico e parecía imposible que aguantaran se non marcaban e non o fixeron.Estiven toda a semana ca sensación da final co Bayer en Glasgow e foi parecida pero co sufrimento ó principio non nos últimos minutos.
Novamente unha final ó borde do abismo, na que apareceu un protagonista inesperado. Dani Carvajal un "enano" rematando ante torres, o home que puxo a primeira pedra en Valdebebas e o único que foi titular nestas seis Champions en dez anos, el que en varias delas marchou chorando lesionado converteuse no último heroe. Cun Vini espectacular que foi dos poucos que aguantou o tipo xunto a un Falcón que non parou de correr e con Tibú.
Un Vini que segue a darlle nas cornas a moitos, máis aínda porque é diferencial, e incluso pegándolle mal agora marca para fastidiar a todos eses antis, canto peor lle pegue e marque, máis sofren eses mesmos, mamatorio xentiña, aquí queremos títulos os BdO para quem os queira, el que marque goliños en finales de Champions, por certo xa leva os mesmos co Deus do fútbol, que sigan mamando que decía outro Deus.
Recordades tamén co Joker dixo que con el de presi o Madrid non gañana Champions, van dúas de tres, o kharma.
Esta foi unha Champions de protagonistas pequenos, Lunin nos penals co City, o gol de Brahim ante o RBL, o dobrete de Joselu co Bayern, Luquiñas a toques antes do penal co City, ou Rudiger e Nacho tamén ese día. Os goles salvadores de Rodry ou Fede, o Jude da primeira parte da tempada e un Vini estelar todo o ano co seu Vinisistema, case todos foron protagonistas e tiveron o seu cachiño de protagonismo en Champions, dende o noso último Kroos noso último Kroos, ata o noso Lukita especial sempre que entraba nos finais, non debemos deixar ningún nome no tinteiro desta Champions porque todos foron importantes, cada segundo, ata o noso portorriqueño colorado coma talismán.
Co queimamos aquí o Carlo leva dúas Champions e dúas Ligas en tres anos, e moitos títulos máis, honor para ó italiano, fálase pouco pero na segunda axustou cousas e funcionaron. Nunha tempada chea de lesións chave e sen unha queixa.
Xa o contaba o vídeo de Luis Calles para o Real Madrid na busca da 15:
Esta é unha historia sobre o destino, este camiño xa o percorreron os nosos antepasados. Agora tócanos a nos. Vimos cousas inexpicables, cousas que me fan pensar que Ela é diferente, Especial. Podía escoitar o latexo do meu corazón, os corazóns de todos, ninguén se botou atrás, nen sequera no peor momento.
Parecía un mito ou unha metáfora, creada en resposta a xeracións gañadoras, e as historias eran certas. Ela forma parte de min, estamos todos conectados. Unha unión, e non hai nada máis bonito, que esto. Non podemos deixar atrás o que somos. Noso destino está escrito. Nin con todas as palabras posibles, podería describir canto che quero, e se xuntaras todas esas palabras, non describirían o que sinto por ti. O que sinto por ti é aínda maior, quéroche máis ca nada no mundo.
Cada un de vos representa ó mellor do mellor. Estades onde merecedes, a pola 15 é voso destino.
Outro día falaremos das dificultades que veñen no futuro, agora felicidade e unhas rápidas palabras para que quede no recordo.
Coma sempre Jabois para finalizar: " E eso é basicamente ó Madrid, unha fé ilimitada e altaneira cuia lenda é universal, por iso rompennos tando a cara, porque non a escondemos."
" O Madrid sempre volta, as veces coma traxedia, as veces coma farsa, pero as máis especiais volta coma Madrid."
Non esquenzades unha cousa, o Madrid naceu e foi creado para estos partidos é a nosa esencia. Rapazada querovos moito a todos, esta Champions tamén é de todos nos, disfrutadea moito que a saber cando voltará a próxima. Hala Madrid Madridistas!
Anteriormente:
Trece mal número se non crece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario