O señor Álvaro Rodríguez habitualmente entoa o mítico You´ll never walk alone para referirse ó Muxía, non sabemos si é porque as cores vermellas xuntan ó Muxía e o Liverpool, ou porque é fan do Celtic que é no outro campo que se soe cantar, pero dende aquí facémoslle unha nova proposta, xa que en moitos campos e pavillón se entoa a Rianxeira ou o Miudiño, na Arliña debe entoarse ó Veño da Virxe da Barca, deixamos as letras de ambas para que vaiades ensaiando, P. D. nos próximos días a ver se escribimos algo sobre o Muxía e o seu ascenso :
Veño da Virxe da Barca,
da Virxe da Barca veño,
veño de abala-la pedra,
de abala-la pedra veño.
veño de abala-la pedra,
veño de abala-la grande,
que a pequena abala ela,
Nosa señora da Barca
ten o tellado de pedra,
ben a puidera ter de ouro,
miña Virxe se quixera.
Nosa señora da Barca
ten un teito bo de pedra;
di a campana na volta:
¡cantas voltas vai dar ela! A miña Virxe da Barca,
para o ano hei de volver
que me quedou a mantilla
no altar por recoller
Nosa Señora da Barca,
Nosa Señora valeime
que estou no medio do mare
non hai barqueiro que reme.
Eu fun abala-la pedra,
a pedra fun abalare,
eu fun abala-la pedra
que está no medio do mare.
Santo Cristo de Fisterra,
Santo da barba dourada,
axudaime a remontare
a laxe da Touriñana.
Veño da Virxe da Barca,
da Virxe da Barca veño,
veño de abala-la pedra,
de abala-la pedra veño.
Lalara lalara lalaralala, lalara lalara lalaralá.
Veño da Virxe da Barca
veño de abala-la pedra;
tamén veño de vos ve-lo
Santo Cristo de Fisterra.
Lalara lalara lalaralala…
Nosa Señora da Barca,
para o ano hei de volver
que me quedou a mantilla
no altar por recoller.
Lalara lalara lalaralala…
Nosa Señora da Barca,
non hai santa como ela
que fai que as lanchas da ría
collan o vento na vela.
Lalara lalara lalaralala…
Nosa Señora da Barca
Nosa Señora, valeime!
que estou no medio do mare
non hai barqueiro que reme.
Lalara lalara lalaralala…
No hay comentarios:
Publicar un comentario