martes, 4 de junio de 2024

Kylian Mbappé.

 Na tarde de onte chegou o día que moitos levaban esperando sete anos, o Real Madrid anunciou o fichaxe de Mbappé tan solo dous días despois da XV.



Mentras o Real Madrid anunciaba cinco anos de contrato para o crack francés, Kyli decía: " Un soño feito realidade. Moi feliz e orgulloso de formar parte do club dos meus soños o Real Madrid. É imposible explicar o feliz e emocionado que me sinto neste momento. Estou impacente por vervos, Madridistas, e grazas polo voso increible apoio. HALA MADRID! 

Hoxe espetaba: Vou ser xogador do Real Madrid. É un inmenso pracer, estou moi contento de cumprir un soño. Teño moitas gañas de chegar ó mellor club do mundo. Grazas as persoas que me apoiaron e as que contribuiron ainda que fora un pouquiño nesta operación tan complexa, especialmente ó presidente Florentino Pérez, que sempre confiou en min dende o primeiro día."

Un servidor é dos que vai ter que gañar o de Bondy, chega sete anos tarde o xogador máis Ronaldo Nazario que vin nunca, con menos tempranza no gol pero con movementos moi similares. Igual no primeiro mes xa me gañou pero a día de hoxe tócalle facelo.

O equipo o próximo ano de saída vai ter moitísimo gol, como ó Carlo consiga xestionar tanto ego nese vestiario e consigue axeitar tremendo potencial ofensivo, podemos dar medo, pero iso dará para un próximo artigo. Parécemo raro como dixen no seu día  que non caía ningún xogador, unha pena porque "today" querolle máis os heroes da XV ca o francés que leva sete anos xogando con nos. Vini, Rodry, Arda, Joselu, Brahim sempre por diante a día de hoxe.

Tamén vai ser gracioso coma os equipos van estar odiando a Vini e Kyli todo o ano e van cobrar un ril nos partidos que chegue alí o Madrid, a quen van odiar máis agora?

 Vai facer o ano Flo no Bernabéu, van estar aínda máis chungo acadar entrada.

Para mostra un botón, dende o anuncio o Madrid subeu 161.000 seguidores en X, case un millón en Insta e 127.000 en Face e Kyli incluso máis nesas mesmas redes, ambos subiron en todas as que teñen en total por enriba dos 2.000.000, case nada.

O fichaxe non asegura títulos, como todos sabemos, a próxima tempada temos sete en liza por exemplo, pero o que si asegura é pasta e  Flo de pasta sabe.

Nuns días a ver se desgranamos outras cousas.

Anteriormente:

Esta peli xa a vimos.

Sapoconcho.

Ridibapé.

.Bappé 21.

.Bappé 17.

No hay comentarios:

Publicar un comentario