jueves, 8 de febrero de 2024

Desmontando mitos: Palanca mediática.

 Como di Carloso: " O realismo máxico é o nome que tomou un movemento pictórico e literario que se caracteriza por mostrar o irreal, o extrano ou onírico como algo cotidiano e común. " , o matrix culé.



Hoxe toca unha chea de novas que saltaron nas últimas semanas, sempre no mesmo senso e iso que supostamente os tentáculos de Florentino andan por tódalas partes. Cando falan de que Florentino controla ós medios non saben ca maioría teñen coma principal patrocinador a liga, 139 kilos en 5 anos.

Como Florentino ten a toda prensa comprada falouse mais en tódolos  medios das tres xogadas fronte ó Almeria que de pagar ó segundo do CTA perante 17 anos, debe de ser o madridismo sociolóxico

Porque orientar a información cara un lado ou outro, nunca será información, será adoctrinamento.

Nun artigo recente de La Vanguardia( será tamén central leiteira este) definían moi ben Catalunya e o Barça: 

" Un país exhausto, enganado por un triunfalismo de "follalata". Un país que esperta do sono de creerse excepcional para descubrirse impotente e desbordado polas circunstancias dun presente mundial extarordinairamente delicado  e difícil. Un país pasado de moda e seco, que necesita mirarse ó espello. Para verse tal e como é, e rectificar enérxicamente dunha vez por todas.

O famoso, e cargante, ADN Barça esgotouse fai uns cinco anos. E foi sentenciado algo máis tarde: o 14 de agosto de 2020 cando, con Messi aínda no equipo, foi masacrado....."

Estaranse a referir co Bcn é o brazo mediático da burguesía indepe catalana?

Como dixo Jabois na Ser: " Paréceme ridículo pensar cos videos podan influir, RMTV non é a BBC, nin CNN...as presións xamais se fan vía videos públicos... estámonos a quedar co que temos diante.

O último que se pode queixar de favores arbitrais é o responsable dun club que pagou perante 20 anos ó número 2 do CTA."

A palanca mediática: Sabedes quen almacena as imaxes do VAR, pois Eric Sports, sabedes con que club traballa, e de que equipo é fan o responsable, son risas verdade, pois non é o Real Madrid.

Segundo Hechi9248: " Un xuíz concluiu que o VAR sesgou imaxes perxudicando ó RM. A RFEF adxudicou o VAR ós avalistas e socios de Laporta. Negreira afirmou ó Barça que tiña man no VAR. Avalistas e socios de Laporta son os que transmiten as imaxes do VAR e os encargados da realización."

Como di Trifon_Ivanof: " O Real Madrid é o John Mclane do fútbol. Non sabes como demo sobrevive e provoca có outro remate desquiciado preguntándose cantas veces ten que matalo."

Conta Juanpfrutos: " Que é raro que Rubiales eliminara do Código Ético a regra de non prescripción de delitos de "cohecho" e corrupción deportiva en xuño do 2021, curiosamente a investigación do caso Negreira faise oficial en setembro de 2021."

Tamén foi curioso como unha canle con dereitos da liga, manipolou un video cas palabras dun árbitro, curioso que o xefe de producción de contidos, o productor executivo, o que vai as roldas de presa e presunto autor do video, e un ex director de Marketing de certo equipo, sexan todos seguidores do mesmo equipo. O resto de medios difundiron a nova pero pasaron de puntiñas pola rectificación, deso se trata, de adoctinar.

Despois móntanche unha seudopolémica polas datas dun partido de Copa, na que o Madrid xoga domingo-xoves-domingo e o Atleti, mércores-domingo-mércores, logo tánganche nos dous partidos pero desta vez non hai comunicado, nin a prensa di nada.

Cóntanche que o Madrid non viaxa en febreiro e resulta co Atleti cáscase: Sevilla na casa en Copa, Valencia na casa, Raio na casa, Real Madrid a domicilio, Athletic na casa en Copa, van a Sevilla e Las Palmas na casa, ostris de que o Atleti case non viaxa non se fala.

Tampouco se fala de si o mister mellor pagado do mundo ameaza cando non lle gusta o resultado, non é Mou, nin o Madrid.

E claro como di Maketo Lari: " Poderíamos dicir que un árbitro toma decisións erróneas presionado pola campaña dos medios de comunicación antimadridistas, o problema é que xa o coñecemos."

Por certo Joan dixo sen querer que os pagos a Negreira comezaron con Núñez e agora queren coarnos a filla do xerente dese coma presidenta da RFEF, así sen querer. De Núñez e xuizos solo hai que googlear. Dos arbitraxes dantescos en Tenerife, un servidor aínda os recorda.

Despois saen Joan e Xavi a queixarse pero a realidade é triste, según datos de Maketo Lari sacado da prensa culé coma sempre: o Barça leva un saldo de +3 en penals e +3 en expulsións en total +6. O Madrid +3 en penals e -2 en expulsións, total +1, vaia números na adulterada liga 23/24, adultarada por?

Ollo co que di Maria GMC (tildegm): A Audiencia non sempre sigue o criterio da Fiscalia. Preguntade de quen depende a Fiscalía. Preguntade se o mesmo xuiz é o que investiga a Puigdemont por outras "cousas"?

Segundo futbolgate: 50 días despois de que Facenda comunicou ó Barça sobra a investigación Negreira, Soler deixou o FCB. 35 días despois, foi nomeado director xeral do CSD. Conta tamén co CSD ampliou as faltas leves e graves, pero curiosamente que pasou cas moi graves?

Mofarse do Madrid queda ben, pero Flo controla a prensa, Gonzalo Miró o outro día na Cope: Tangou o Atlético ó Madrid hoxe? Pregúntome si un síntese sempre así despois disto. Está ben. É divertido así e ten o seu aquel."

Si chega ser o revés..... 

Claro a prensa é madridista, despois recordas que se fan debates en medios nacionais por si o Madrid xoga con ou sen teito.

Ou de como o presi da liga di que hai que controlar a RMtv pero non di nada da relatdun club cos que levan as imaxes, ou do seu pres tifando con bandeiras indepes en finais de Copa.

Por certo nos queremos que se escoiten os audios do VAR, pero en vivo como di Vilarino, non de lata escollidos, raro que sexan todos iguais e polo Joker-fan.

Hechi9248: " O sístema está tan corrompido polo Barça, que ata tendo acceso a tódolos audiso VAR, o mais destacable que sacaron é a non expulsión de de Paul que perxudicou ó RM  e a proba que buscan o frame adecuado para validar os goles en fora de xogo axustados do FCB."

Benapampa: " Si o que filtra os audios tivera intención de danar ó CTA pasaría as claves a varios medios. Solo llos pasan a Romero porque buscan crear un clima de co VAR é favorable ó Madrid. Ese é o obxectivo. O relato anti é completo. Fálase mais dun gol ben anulado, pásase por enriba dos penals e non sale ningún audio. Ó revés estaría Romero poñendo eses son e dando pávulo a manipulación."

RichardMurdock: " A violenta campaña para que o Madrid non se lle arbitre con xustiza, callou. dende o partido co Almería, a posterior filtración dos audios do VAR, usados como convén, e as amenazas ó CTA fixeron que nas Rozas se inhiban do medo. O mensaxe que reciben é cristalino.

Conta AlistairHisoka: " Competimos nunha liga contra un club do que se apropiaron ilegalmente, contra outro que se endebeda para non facer frente as súas débedas, e agora súmase un que nen sequera é un club xa, é o valido dun rico que non lle chega cun xoguete. E nos somos os malvados."

O que mais gracia me fixo estes días foi unha foto do arbi do derbi con mala cara, vendo coma os xogadores do Atleti celebran un gol, e os antis dinche esa é a cara de rabia dun arbi cando lle marcan o Madrid no último minuto, facendo crer que foi do domingo. Claro o domingo xogaron Thomas e Felipe Luis, igual dalles unha volta se descubren de que partido realmente é ese gol, investiguen chavalada.

Anteriormente:

La sociedad de la nieve.

As de branco e negro.

De que equipo son os periodistas.

O xuiz.

II Guerras Mourinhistas.

Search Me: J Lo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario