A ver que nos contan no agora chamado X para respostar a suposta campaña. Básicamente din que si unha eléctrica, concello, goberno.... paga pola publicidade no teu medio, marca a liña a seguir, estás un pouco atado, quen paga manda. Acórdame agora cando Lendoiro montara Depor Sport con pérdidas solo para contrarrestar á Voz, e sempre poñía a mesma foto do xefe da Voz. Agora contan que Real Madrid Tv influie máis ca pagar por "informes" a Negreira, pode ser. Barça Tv, perdón Gol e os outros non influen.
Xavi sobre o de Negreira: " Levámolo da mellor maneira posible, incluso facendo bromiñas."
Xavi sobre o arbitraxe ó Madrid: " Viuno todo o mundo. Vai ser moi difícil gañar esta Liga. Díxeno en Xetafe que había cousas que non me cadraban."
Conta Eloy Encina: " Seu partido comezou 10 minutos despois do pitido final no Bernabéu e aproveitou ese ratiño para escoitar os choros de Garitano e unha reflexión do para nada desconsolado Alfredo Relaño. Non é un tuitero random eh, O adestrador do Barça."
Di Roures: " A única explicación dos pagos era para presionar e influir. Iso é indiscutible."
Conta EmilSorel: " A realidade nos medios e siareiros rivais é o odio ó Real Madrid coma filosofía o antimadridismo coma dogma.
Se non aceptas que o que máis danou o fútbol nos últimos 20 anos foron o penalti de Pepe en Elxe, o penalti a Lucas contra a Juve e o gol co ombreiro de Vinicius é que eres un fanático.
O de onte explica todo. A normalidade é solo unha utopía. O adestrador do club que pagou 20 anos para corromper dicindo tonterías. Periodistas montando escándalo porque no fondo síntense incómodos co caso Negreira. "Neutrais" indignaos. En fin.
Así funciona esto: contra o Almería na casa, pois ok. Nunha eliminatoria de copa contra o Atleti, xa tal. Partido moito máis escandaloso no arbitra, pero que absolutamente ninguén comentou. Por que? Porque o perxudicado foi o Madrid. O normal. E o normal non é nova."
Conta quillobarrios: " O Real Madrid vano a empezar a odiar agora, que din Segurola e Relaño, non antes, que sempre foi recibido con frores e apalusos en tódolos estadios de primeira. Esa xente leva décadas contándoche como debe ser o Madrid namentras odian ó Madrid."
Conta Margueriters17: " O akelarre organizado por tódolos medios deportivos ó unísono a conta da intervención correcta do VAR onte, demostra co ocultamento do caso Negreira e as campañas racistas contra Vini son 100% responsabiliade do entramado mediático."
Conta steizam: " É normal ca xente desconfíe dos arbitraxes. Ó final hai un club que pagou durante 20 anos ó vicepresidente do CTA.
O Madrid debe ser a única institución da historia do deporte que quere mudar de arriba-abaixo un estamento que teóricamente o beneficia."
Conta Maketo Lari: " Coma sempre nestas circunstancias, as mellores tomas nas que se aprecian perfectamente os acertos e os erros arbitrais chégannos pasadas varias horas despois, cando xente coma Relaño, Roures ou Xavi xa expuxeron seu relato."
Conta Richar Dees: " Hoxe si hai escándalo mediático, hoxe si. O xoves non."
Conta Ramon de Mon: " Despois das reaccións de hoxe, teño claro co Madrid non podería competir en España si o pillaran pagando a Negreira."
Conta mcarloso: " Do caso Negreira non opinan, pero dun Madrid - Almeria....tuits categóricos por doquier. Vaia casualidade.
Machacaron así o Barça co de Negreira? Non, para nada. Porque non se atreven.
Xogada dubidosa favorable ó Madrid, roubo, escándalo mundial, inaudito. Xogada dubidosa contraria ó Madrid, é que non se poden queixar, o árbitro non estivo acertado....ou simple silencio.
O Madrid ten tantísima forza mediática e Florentino usa tanto o seu poder no fútbol que co de Negreira non fala ninguén e no partido de hoxe fano todos.
Cóntanos Cabaislois: " Un exemplo: ti choias nun periódico deportivo no que ves que ós redactores que sacan novas contra o Madrid, Florentino ou a Superliga ascenden, mentras que os que defenden ó club branco acaban nas páxinas do tempo ou da programación de tv.
Polo tanto ti non deixas pasar a ocasión en cada nova que escribes para darlle un pau a Florentino, aínda que non veña a conto, porque sabes onde estás e teste que gañar a vida. Entón salta a nova de qeu teu redactor xefe moita pasta de Tebas, precisamente o máis interesado nese ataque ó club branco e ti dis, paréceme fatal que meu redactor xefe cobrara de Tebas, pero a min ninguén me deu un sobre para falar mal do Madrid. Moi ben, pero, ti por que escribías contra o Madrid? Porque sabías que esa era a maneira de medrar, ou, o menos, manterte no teu traballo, porque esa era a liña editorial, e quen pagaba para que a liña editorial fose así? Tebas.
Polo tanto, Tebas estaba pagando para que ti escribiras contra o Madrid?
Mudemos o periódico deportivo polo CTA, o redactor polo árbitro, o redactor xefe polo vicepresidente e a Tebas polo ...... Igual ca o redactor escribe contra o Madrid pola pasta que paga Tebas por unha liña editorial, o árbitro pita contra os brancos pola pasta que pagan pola "xustiza arbitral".
Puxéronlle un sobre no peto o árbitro? Non, tampouco Tebas unta directamente a un periodista concreto pero......."
Conta svilarino: " Se queremos ir full-VAR, necesitamos as conversas e as repeticións en directo. Cos árbitros razoen a súa decisión para todos. Faise nas ligas americanas e aínda que segue habendo polémic, a cousa non chega nin de risa ós extremos. Transparencia. E o tema imaxes para o VAR, paréceme bochornoso."
Vos que pensades xentiña, quen ten razón madridismo, antimadridismo, coma sempre no gris está a verdade a cuestión é en que lado do gris.
No hay comentarios:
Publicar un comentario