Pois de novo salta a palestra a peli do sapoconcho, agora en versión 2024.
Resulta curioso porque coincide co primeiro aniversario de que saltara o tema nicrariensis. Ante todo prudencia porque xa sabemos como as gasta o sapoconcho e a mami, cartiño por diante sempre.
De novo é seu momento de verdade, cando xa non ten a todo mundo bicándolle os pés, e con Flo a día de hoxe nunha posición dominante ou iso parece. Debe demostrar que sempre soñou ser unha estrala no Real Madrid.
Un novo momento para si de verdade o sinte, berrarlle ó mundo: " Sempre soñei coa Gloria, o cartiño é importante pero o mais importante é triunfar no Real Madrid."
Sinceramente sabendo que é posiblemente o mellor xogador do mundo, non me quita de durmir se non ven, xa estou curado en saúde, creo que gran parte do madridismo tamén. Por iso dubidamos todos.
Como esta peli xa a vimos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario