miércoles, 28 de febrero de 2024

Search Me: Eu non sei nada #Mou sobre CR.

 " A Cristiano creo que non o adestras. Non lle ensinas moito. Trátase de facelo feliz e de crear un ambente dende o punto de vista táctico, as ideas, onde el poida mostrar tódalas súas capacidades.



Para el o Madrid foi unha especie de transición. Era extremo esquerdo ou dereito, regateaba, superaba a xente.... E de súpeto converteuse no goleador que foi o resto da súa carreira.

Probablemente a primeira vez que xogou un partido importante na punta foi nun Madrid-Barça da final de Copa do Rei. Marcou un golazo de cabeza na prórroga. Foi a primeira vez que a xente tiva a sensación do que podía ser coma goleador.

Hai xogadores coma Cristiano, que aínda xogando contra o Levante e gañando 5-0, dislle que se relaxen e descansen e non queren. Dicíame, non, non, non, podo marcar outro gol mais! 

Cando tes xogadores coma estes, sabes que viaxas nun bote sobre a auga e simplemente soltas os remos e desfrutas da viaxe. 

Cando o coñeces tan ben coma min non fai falla que lle des motivación ou ambición. Tampouco técnica." Mou sobre Cristiano no programa Five de Rio Ferdinand.

No hay comentarios:

Publicar un comentario