Vamos ca segunda edición do noso Raghadores, a tempada 85/86.
Remataron con Liga e Copa da Uefa na vitrina do club, semis en Copa do Rei caendo fronte o Zaragoza e na Copa da Liga caendo ante o Barça en cuartos. Arrincaba unha época, a tiranía da Quinta en Liga. Nunca vin un equipo ser tan dominante en España co seu fútbol.
Uefa con míticas remontadas coma Borussia M. ou Inter, e a final mítica tamén co Colonia.
Desta vez Molowny foi o adestrador toda a tempada.
Según BD o once ideal era: Ochotorena, Chendo, Camacho, Sanchís, Maceda, Míchel, Gallego, Gordillo, Valdano, Butragueño, Hugo Sánchez.
No plantel tamén estaban: Agustín, Juanito, Santillana, Salguero, Martín Vázquez, Miguel Ángel, Cholo, Solana, San José, Francis, Bonet, García Remón, Martos, Martín González, Pardeza, León.
As altas foron:
Maceda: Antonio Maceda viña coma un central de época, pero unha lesión rematou coa súa carreira prematuramente. Chegaba do Sporting, onde era un ídolo. Pena de non desfrutalo máis naquel equipazo.
Gordillo: Rafael Gordillo. Como pateaba aquela banda esquerda, calidade e velocidade. As súas míticas medias baixas sempre no recordo. Chegaba do Betis.
Hugo Sánchez: O mellor goleador que vin no Madrid na miña vida, exceptuando a Cristiano. Era un pouco malote, pero de primeiras remataba de todo, non lle facía falla máis, tan solo que lla puxeran. Home de "chilenas", se hai que definilo é coma "homigol" como din en Fisterri. Mira que lle dou goles o Buitre. Tiña un pouco de envexa da Quinta do Buitre e autoproclamou a Quinta dos Machos con Buyo e Gordillo. Viña do Atlético, quen o diría nestes tempos.
García Remón: Voltaba coma velliño con 35 tacos dunha lesión, para non probar minuto. O gato de Odesa. Unha copia de Miguel Ángel con bigote. Foi segundo de Arsenio Iglesias e interino despois da espantá de Camacho, non funcionou.
Cholo: No Madrid pouco pintou.
Solana: O Chucho onde fixo carreira foi en Zaragoza, non aquí.
Francis: Sen calificar.
Martos: Sen calificar.
Martín González: Sen calificar.
Miguel Pardeza: O quinto da Quinta. No Madrid non tiña sitio e despois fixo carreira en Zaragoza. Era bo e pequecho coma o Buitre pero claro arriba había overbooking, foi portavoz, bastante malo nesa laboura, case peor co Buitre tamén neso.
León: Sen calificar.
De novo recomendamos pasar por bdfutbol para mirar mellor os datos, ou goglear.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario