jueves, 18 de enero de 2024

Un pouquiño en feminino.

 Facía un tempo que tiñamos pendente falar un pouco do Real Madrid feminino e hoxe despois da Supercopa feminina e antes do derbi masculino é un bo día, ó tolo coma sempre neste blog.



A xente está moi queimada pero da para un bo analise, ainda que  todo se ven abaixo dende a final de Copa perdida con 2-0 nos últimos minutos a favor e sen o Barça en competición. Non mudar cousas despois dese día aclara moitas couas. Si un club coma o Madrid aplaude mediocridade, terá mediocridade.

Supóñese que chimpar a Anita sen indemnización está a lastrar todo. Porque os fichaxes chegan todos de tan solo dúas axencias de representación ou iso din.

Igual tería sido mellor subir pouco a pouco, como dicían que quería Flo,  aínda que coller a praza doutros fixérono máis ou menos o Bilbao co Leioa, Depor co Orzán, Sevilla, Betis...... 

Porque a xente ve tan alonxado o feminino do que é e debe ser o Madrid. Nesto todos somos culpables. Sempre recordo que en basket gañamos a todo un CSKA lastrados polo Covid con tan solo seis xogadores e os juniors. Iso é o Real Madrid. Non pedimos competir co Barça porque sabemos que é o mellor equipo do momento con diferencia, pero si pedimos mellorar e ter gañas.

Deben cambiar a actitude de dar lastima, por rabia, por querer amosar no campo que son verdadeiramente boas, ese día mudaran cousas. Falta crelo, falta querer dalo todo. Temos xogadoras moi fráxiles, mentalmente, técnicamente e fisicamente.

Non se pode arrastrar o escudo. Que che importe o Madrid non se demostra chorando despois de facer o ridículo ou dando explicacións lamentables. Demostrase traballando, mellorando e deixandote todo en cada adestramento e cada partido. Cunha mentalidade gañadora que non temos. Temos conformismo dende a directiva ata o adestrador e xogadoras.

Perder co Barça vale, pero o que non merco é quedar fora en Champions a dúas xornadas do fin, co Hacken e co Paris ( equipo semiprofesional, por moito que se cargara a inglesas e alemanas), ise é o problema.

Xa non espero nada da sección, as xogadoras teñen que chegar a un momento coma as culés e dicir temos que adestrar o dobre, xente con criterio e ambición. A única forma de darlle a volta a esto e fichar un par de centrais con nivel. Porque non gastar un peso en centrais este verán sendo o posto chave a mellorar vaia tela. Para eso queda con Claudia Florentino, e total para fichar e renovar a quen non debes.

O Madrid cando é máis difícil gañarlle é xustamente cando está ferido, aquí vívese ca persistente xustificación e a excusa, que caracter van ter se solo lles piden o básico, persistente relaxación, así non se crece. Sen calidade pódese vivir, pero non se pode vivir sen alma.

Por exemplo a eliminación en Europa no grupo que nos tocou non é unha traxedia pero a todas luces é un fracaso. Temos que valorar onde estamos pero sempre pensando a onde queremos chegar. O peor de todo é que quizais despois duns primeiros anos de crecemento superior o esperado, hai sensación de proxecto estancado. Toca seguir mellorando, mudando cousas. Se non queren vivir en super perdidas paréceme ben pero hai que ter ambición polo menos. O proxecto ten catro anos, queda moito camiño e temos o Barça a un nivel superior, correcto, pero hai que meterlle man o resto e este ano non está a pasar. Queda moito traballo por diante.

O ano pasado competimoslle o Barça bastante ben, unha cousa desta involución e que agora xa non competimos e o intento de competir dura menos. E o rival sabeo, saben que estamos frustradas, deixouno claro onte Mariona.

 Caroline Weir tapaba moitas carencias parece, andará contento Toril co noso veciño Adrián Negro, a súa lesión foi ca sele. Pero as malas linguas din que Toril está no feminino porque non atopa nada mellor, quizais para o ano colla outro sitio no club e lle deixo o cargo a seu segundo, non sería mellor outro staff?

Por certo en Copa tocounos o Atlético a domicilio, en catro anos aínda non nos tocou xogar na casa en Copa.

Hai que mudar moitas cousas na sección, non se pode seguir tirando por terra imaxe de está forma. Como dicía Lolaso sobre perder pasta no basket hai que aplicalo aquí:

1) O Real Madrid é unha MARCA. Unha marca moi forte a nivel MUNDIAL, de feito.

2) Os clubs profeisonais de basket necesitan unha marca que os patrocine.

3) O Real Madrid invirte os cartos que considere no basket polo ben da súa marca.

4) Os cartos non se perde. Para a marca Real Madrid é moito máis importante ter un equipo competitivo en basket que 30 millóns de euros máis ou menos nas contas.

Vos que pensades disto para o feminino, crecer pouco a pouco ou ó tolo?

Pido coherencia, e un par de centrais e gañas de mellorar, non vivir na excusa.

Anteriormente:

Carencias en feminino.

RM en feminino.


No hay comentarios:

Publicar un comentario