SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO : ADAE
SIMANCAS – FISOBER F.S.F. : 5-3.
SIMANCAS : Noe,
Sonia, María, Mari Paz e Silvia ; tamén xogaron : Flavi, Marta e Miriam.
FISOBER : Leti, Mai, Raquel, Myrella e Noelia ;
tamén xogaron : Inés e Tamara.
ÁRBITROS : Cesar
Iglesias e Dean Recojevic , CRONO : Fernando Madrid.
GOLES : 1-0
María, 2-0 María, 2-1 Raquel, 2-2
Myrella, ( descanso ) , 3-2 Silvia , 4-2 Flavi, 4-3 Inés, 5-3 Mari Paz.
Partido disputado
na tarde do sábado nunha das pistas do P.M. San Blas de Madrid.
O Fisober pagou
caro o seu mal arranque de partido aínda así amosou que non se rinde , uns
primeiros minutos nos que quizais lle custou adaptarse a pista despois do longo
viaxe.
Arrancaba moi mal
o partido para o Fisober xa que os tres minutos María adiantaba as locais. E
peor se poñían cando a mesma María volvía a marcar para poñer un dous a cero no
electrónico.
Dous goles de
desvantaxe case o saír a pista deixaba moi malas perspectivas as costeiras.
Pero co paso dos
minutos foron adaptándose a pista e o rival e comezaron a chegar a porta local.
Así mediada esta primeira metade Noelia enviaba un balón o pau.
Pouco despois os
doce minutos Raquel aproveitaba unha pelota no área para poñer o dous a un. Xa
pintaban mellor as cousas.
Mellor se
puxeron cando a cinco para o fin da primeira metade Myrella enganchaba unha
volea ca esquerda case sen ángulo para cun espectacular gol facer o dous a dous.
E incluso
puideron ir en vantaxe o tempo de lecer
as da Costa , pero Inés non puido superar a porteira local. Con igualada
a dous chegouse o tempo de lecer.
No arranque da
segunda metade de novo as locais golpearon , solo un minuto e medio despois da
volta de vestiarios Silvia de reviravolta facía o terceiro gol local.
Tería que remar
novamente o Fisober se quería acadar algo de proveito. A segunda metade foi
moito máis pechada ca primeira. Os equipos non chegaban con tanta claridade a
meta contraria.
Os minutos ían
pasando e o marcador non se movía. Chegando os últimos minutos a piques estivo
de chegar Mai a un balón morto no área que puido supoñer a igualada.
Todo se complicou
se cabe máis cando a 2:37 para o fin Myrella cortaba un balón ca man e vía o
segundo cartón amarelo, ca conseguinte inferioridade visitante. Aproveitou o
Simancas a oportunidade e Flavi facía o
catro a dous a pouco máis de dous minutos para o fin, un gol que parecía pechar
o partido.
Pero o Fisober
non se rendeu e respostou cunha ocasión da incisiva Inés. Quen a minuto e medio para o fin volveu
a ter o gol nas súas botas e desta vez non errou, poñendo o catro a tres no
electrónico que metía de novo no partido as súas.
Cando a corenta
segundos para o fin o Fisober recuperou o balón decidiu arriscar e saír de cinco con Leti fora da súa porta.
A vinte segundos
para o fin a xogada que puido cambiar o resultado , Inés recuperaba un balón co
que encaraba a porteira pero os árbitros decretaron que fora ca man, o
colexiado estaba moi ben colocado así
que confiamos na súa decisión, pero do posible catro a catro pasouse a un dobre
penalti a favor das locais que supuxo o cinco a tres por mediación de Mari Paz.
Que poñía fin a un entretido , disputado e deportivo partido.
Destacar a volta
de Inés trala lesión, a primeira viaxe para Tamara ,que Ana a pesares de estar
lesionada quixo viaxar co equipo e a
mesturanza de cores que luciu o equipo debido as coincidencias, camiseta negra
e pantalón e medias negras, nunca se lucira así.
No hay comentarios:
Publicar un comentario