LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER “B” F.S.F. – TROULA : 4-6.
FISOBER B : Alejandra, Paula Fandiño, Tamara,
Laura e Andrea Muíño ; tamén xogaron : Andrea Piroja e Antía.
TROULA :
Estefanía, Carla, Noelia, Silvia e Susana ; tamén xogaron : Olaya, Ana e Mayra.
ÁRBITRO:
Maryluz Mendoza , CRONO : Melanie Mendoza.
GOLES : 0-1
Silvia , 1-1 Paula Fandiño, 1-2
Silvia, 1-3 Silvia, 2-3 Tamara, 3-3
Paula Fandiño , ( descanso ) , 3-4Noelia ,3-5 Carla ,4-5 Andrea Muíño, 4-6 Silvia.
Partido disputado
na tarde – noite do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo. O igual que no
primeiro equipo as baixas azoutaron o filial , especialmente na portería o que
fixo que Alejandra estivera baixo paus por segunda semana consecutiva.
Nun partido tolo
a vitoria foi para un Troula que foi mellor e se levou a vitoria con xustiza, ante
un filial que segue ca súa montaña rusa de sensacións.
Os dous minutos
xa se adiantaban as visitantes cun gol de Silvia para poñer o cero a un. Pouco
lles duraba a ledicia xa que os catro minutos Paula Fandiño aproveitaba o
lanzamento dun libre indirecto na frontal para igualar o partido.
E no partido tolo
de novo Silvia os seis minutos facía o segundo para as betanceiras. E a mesma
Silvia mediada esta primeira metade poñía con dous de vantaxe as súas.
Cando parecía que
se ía chegar con ese resultado o tempo de lecer , dous últimos minutos tolos
con goles de Tamara primeiro e Paula Fandiño despois deixaban a igualada no
tanteador.
A segunda metade
dispúñase con outra perspectiva e nos primeiros minutos así foi. Pero cando os
cinco minutos Noelia facía o tres a catro, volveron as dúbidas e o descontrol
as locais.
Os dez minutos
Carla poñía o quinto visitante , deixando moi costa arriba o partido para o
filial.
Aínda así tentaron
sacar algo cun último arreón final, cun gol de Andrea Muíño a falla de tres
minutos. Que foi respostado case de seguido por Silvia que pechaba o seu cuarto
gol e aseguraba a vitoria para as súas.
A vindeira semana
tocaralles viaxar a terras de Ferrolterra para visitar as Ártabras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario