Despois de verlle
os dous últimos partidos o Real Madrid
podo dicir que parece que estou a vivir un Dejavú, un retorno o pasado aquel no
que xogábamos andando, máis concretamente o ano de Queiros pero podería ser
perfectamente calquera ano anterior ou posterior.
O mellor sen
dúbida o resultado, nestes momentos ir sacando os partidos adiante é moi
importante , confiando nun tempo mellor pero algo non me convence.
O equipo da a
sensación de estar fundido o estilo do ano de Queiros cando todo se desmoronou
nos últimos meses. Xogadores sen chispa, apáticos, non sei como explicalo pero
non desprenden a ledicia e o ritmo de xogo previos a lesión de Lukita. Aínda que
se seguiu gañando sen el , xa todo foi costa arriba.
Todo moi similar
o final de tempada pasada co Lolaso cando despois da Final Four fixemos crack,
así estou a vivir isto. Estamos xustiños, xustiños. Salvounos enfrontarnos a Depor e Schalke. Solo Isco, Bale e quizais
Marcelo parecen ter outro ritmo, unido a personalidade de Pepe claro.
Hai que dicir
tamén que non tivemos moita sorte cas lesións , e nunca saberemos como rotaría
Carlo de ter a todos, pero o fútbol é así , hai que sobrepoñerse as
circunstancias.
Hai que pasar
este mes como sexa, recuperar xogadores, pasar
a cuartos e chegar por diante o Camp Nou . Como sexa !
Pero si de algo
me dei de conta estes partidos é da
importancia de Pepe e do Churu ( sobre todo de Xaneiro para adiante que é cando
se poñe serio ). Varane é un grandísimo central de complemento con calquera dos
dous, pero aínda non é un líder. Notouse ben !
No equipo nadie
daba un berro, nadie insulta, nadie regaña, nadie corrixe. 11 mortos andantes
sen personalidade ningunha, algo que lle sobra a Pepe e o Churu. Onte a defensa
xa parecía outra solo poñendo a Pepe, esa lixeira melloría si a vin.
Unha puntualización
co tema Casillas, xa sabemos que nos últimos tempos non é santo da miña
devoción e que os seus amigos periolistos non lle axudan nada. Pero non creo
que sexa o maior problema do Madrid a día de hoxe, como andar novamente con esa
polémica, toca remar todos xuntos e listo. Ademais nadie para ca mirada como o
fai el, iso non se adestra señores é innato.
Dicía Morata que
era impensable que pitaran a Pirlo ou Buffon na Juve, eu miro dende o punto de
vista que a esixencia no Real Madrid é máxima debe sabelo el ben. Carlo como
non gañe nada vai para a rúa seguro a pesar de traer a ansiada Décima. Isto é o Real Madrid, así de simple ! Respetalos mitos sempre, eso non debemos esquencelo, pero darlles caña se fai falla tamén. Esperemos a Xuño e falamos, deamoslle un marxe a Carlo aínda que non me gusta
nada o tema.
P.D. Illarra de
interior non convence, gustaríame un día velo de mediocentro, e Lucas Silva
tampouco me convenceu por moito que fora o seu primeiro partido, ten o ritmo de
Brasil e creo que para esta tempada xa non lle vai dar tempo a cambialo.
Volve Lukita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario