O sábado non vin
o partido, pero solo escoito comentarios negativos sobre o Real Madrid o que
unido o mal que os vin no partido fronte o Sevilla e a festa do cumple de
Cristiano, polo tanto decidinme a
escribir algo. Antes pensei en reler os artigos sobre o Real Madrid desta
tempada e vin que coma Nostradamus non
ía deixarvos nada novo así que linkarei os artigos da 14/15.
Iso si unhas puntualizacións si que vou facer. A primeira
claro que Cristiano ten todo o dereito a celebrar o seu cumple a pesares do
lamentable partido que din que fixeron no Calderón. E se hai algún xogador do
Real Madrid do cal non dubido a súa profesionalidade é el. Pero debeu de ter
máis olliño cas fotos e vídeos. Foi como cando suspendes tres no instituto e
sales de festa igual, os teus pais moi
ben non lles parece, realmente non creo que che deixaran.
Como dixo Álvaro
Benito : “ Lo primero que me dijeron cuando entre en el Real Madrid : En este
club debes ser jugador las 24 horas del día.”
Caso distinto son
os de James , Khedira e Coentrao. O colombiano despois de operarse dous días
antes pois non quedou moi ben retratado. Por certo James un xogador que non me
entraba moito polo ollo pero que vamos notar. Buff con Khedira e Coentrao xogadores dos que nun
pasado sempre falei ben e que no seu momento os defendeu ,pero xa pasa de castaño oscuro.
Do alemán xa
dixen que dende o momento que non quixo renovar, debería pasar a ser o último
nas rotacións, algo que Carlo non entende. E co fumetas igual sempre lesionado,
que tio. Polo que a min respecta solo deberían vestir a camiseta do Real Madrid
coma último recurso así de claro.
Os que
renunciaron ir a festa, caso Bale e Kroos di moito por eles, nótase que son
doutra pasta e doutra filosofía de fútbol e que aínda non os malearon.
Para finalizar os
adestradores caen unha e outra vez nos mesmos erros, queiman os xogadores para
salvar o seu cuíño e deberían saber que a partires destes meses cando empezan
as lesións, sancións e demais serán os do banco os decisivos e si os tes
inéditos pouco poden axudar.
Ca de partidos
ramdons que tivo Carlo para darlle descanso a Kroos e compañía e dar minutos a
Illarra e Cía. Aínda bo foi que fichamos a Lucas Silva e temos un xogador máis
, porque o equipo está realmente xusto de efectivos para a parte difícil do
calendario. Carlo ten crédito pero aquí pérdese nun día que llo pregunten a
Queiros.
Por favor non é cuestión de sistema senón de compromiso e
traballo, en Munich xogaron os mesmos pero deixáronse as pelotas, así de claro.
Rompelas no campo non nas tarimas.
Faríamos mal
escudándonos , nas 10 Champions, no de que seguimos líderes e sobre todo como
dixeron outros “ con lo que nos han dado” , autocrítica e compromiso é a receita.
No Real Madrid o pasado é Historia e o presente busca entrar na Historia . Bueno e que volva Lukita dunha vez por favor.
Como dixen aquí
están os links premonitorios :
No hay comentarios:
Publicar un comentario