LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
ÁRTABRAS FENE – FISOBER “B” F.S.F. : 2-0.
ÁRTABRAS : Stefa,
Andrea, Cintia, Antía e Claudia ; tamén xogaron : María , Uxía, Almu, Thalia e
Marta.
FISOBER B : Alejandra, Andrea Muíño, Paula Fandiño,
Nuriña e Andrea Piroja ; tamén xogou Antía.
ÁRBITRO : J. Juan
Romaus ; CRONO : Alejandra Bujía.
GOLES : 1-0
Antía, 2-0 Antía , ambos na primeira metade.
Partido disputado
na tarde noite do sábado no P.M. San Valentín de Fene.
O equipo costeiro
acudía cheo de baixas solo puido desprazar 6 xogadoras en condicións de xogar ,
pero cheo de ilusión e cargado de “chiquillada”,
das seis xogadoras cinco eran de quince ou menos anos, bo partido para
foguearse fronte a outro equipo cheo de xuventude como as Ártabras.
Ademais por terceira semana consecutiva
Alejandra tivo que poñerse baixo paus ,algo que empeza a non ser noticia, rendendo a moi bo nivel.
O filial do
Fisober arrancou o partido moi dubitativo e nervioso e pagouno . O dominio
local reflexouse con dous goles de Antía nos primeiros dez minutos. Ese dous
cero inicial foi unha lousa para as da Costa.
A pesares de que
non pasaban excesivos apuros dende os goles, tampouco asustaban en exceso a porta local.
A ocasión máis
clara por banda das da Costa nesta primeira metade foi para Nuriña pero non
logrou acadar o obxectivo . Chegándose co 2-0 o tempo de lecer.
Entraron as
costeiras na segunda metade con moita mellor actitude , máis concentradas,
ordenadas e mellor defensivamente.
O partido seguiu
co ritmo dos últimos minutos da primeira metade sen demasiadas ocasións en
ningún dos dous bandos.
Nos últimos
minutos do partido Andrea Muíño e Nuriña tiveron boas opcións para lograr un
gol que as puxera no partido pero non foron quen de materializalas.
A vindeira semana
a Liga descansa o que virá ben o equipo para ir recuperando xogadoras si é
posible. O vindeiro encontro será coma local o día 21 de Febreiro fronte o
Grupo Work coruñés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario