SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO:
FISOBER F.S.F. – HUMANES C.B. . 2-6.
FISOBER : Leti, Noelia, Tamara, Myrella e Inés ;
tamén xogaron : Laura, Raquel e Mai.
HUMANES : Lidia,
Alexandra, Sandra, Yobanca e Rocío ; tamén xogaron : Sara, Cristina, Verónica e
Diana.
ÁRBITROS : Julio
Castelao i Estaban Otero ; CRONO : María Jesús Mallo.
GOLES : 0-1
Verónica , ( descanso ), 0-2 Yobanca, 0-3 Sandra, 0-4 Cristina, 1-4 Raquel, 1-5 Alexandra, 2-5 Noelia, 2-6 Sandra.
Partido disputado
na mañá do domingo de Entroido no Pavillón Municipal de Baíñas, pero nin o
inhabitual horario matutino , nin o cambio de Pavillón trouxeron os puntos o
conxunto local, cun arranque de segunda metade que foi demoledor.
Arrancaban moi
fortes as visitantes que xa dispuxeron dun lanzamento o pau no segundo minuto.
Dominio do xogo das madrileñas cunhas locais que se defendían na media pista.
A pesares do
dominio visitante , non acadaban ocasións claras e de facelo sempre aparecía
Leti moi segura.
Con ese guión
foron pasando os minutos , sen que nada cambiara e cunhas locais que apenas
asustaban a gardameta madrileña.
Foi no minuto
trece cando por fin as visitantes atoparon un oco que aproveitou Verónica para
poñer o cero a un no electrónico.
Tralo gol non
cambiou moito a película do partido desenrolándose de maneira parecida a
anteriormente.
A pouco máis dun
minuto para o fin desta primeira metade apareceu a mellor ocasión para as da
Costa cando un lanzamento de Noelia quedou perdido na área e Inés viu como a
porteira visitante lle enviaba a saque
de esquina a posibilidade da igualada, chegándose co cero a un o tempo de
lecer.
A volta dos
vestiarios apareceu a outra gran ocasión local para trocar o partido, cando
Noelia tivo a oportunidade de poñer de novo táboas no electrónico, pero non foi
así.
Quen si
aproveitou foi Yobanca os tres minutos desta segunda metade para poñer un cero
a dous que foi un duro golpe a frouxa moral local. Co gol a ansiedade
apoderouse das costeiras algo que aproveitaron as visitantes.
Xa que primeiro
Sandra e despois Cristina puxeron un cero a catro case insalvable os cinco da
segunda metade.
Curiosamente co
partido perdido chegaron os mellores minutos locais, cun chisco de tolemia e
descontrol e con moito corazón apareceron ocasións para as costeiras. Das cales
solo foi quen de acertar Raquel a trece para o fin.
Buscaron un
segundo gol que as puxera no partido, pero o que si chegou a oito para o fin o quinto
visitante obra de Alexandra e o punto final para o partido.
Dende aquí ata o
final un gol local obra de Noelia a dous para o fin e o definitivo de Sandra
nos últimos segundos de partido.
A vindeira semana
tócalles descansar as costeiras que
volveran a competición o día 28 en Segovia fronte o Unami.
No hay comentarios:
Publicar un comentario