SEGUNDA DIVISIÓN
NACIONAL
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – CHILOECHES : 0-3.
FISOBER : Leti, Raquel, Mai, Noelia e Myrella ;
tamén xogaron : Andrea Muíño, Laura, Tamara e Andrea Piroja.
CHILOECHES :
Carmen, Cristina, Ana, Elima, Laura ; tamén xogaron : Cris, Rocío, Alba.
ÁRBITROS : Oliver
Cardero e Miguel Ángel Crestelo , CRONO : Pablo Guntín.
GOLES : Co 0-0
chegouse o tempo de lecer ; 0-1 Elima, 0-2 Cris, 0-3 Ana.
Partido disputado
na tarde do sábado no Municipal de Vimianzo, as lesións no cadro costeiro provocaron
que ata catro xogadoras do filial disputaran o partido , co debut de Andrea Muíño e Andrea Piroja en
Segunda División, Tamara que disputaba
o seu segundo partido na categoría e que Laura esta xa máis habitual
tamén gozara de minutos.
E como a can
fraco todo son pulgas, a tronada matutina queimou o marcador e o partido tivo
que disputarse con crono manual.
A pesares dos inconvintes tanto as xogadoras do
primeiro equipo , como as do filial que completaron a convocatoria realizaron un
gran encontro e tiveron serías opcións
de que os puntos se quedaran en Vimianzo onde o equipo aínda non
puntuou.
Comezou o partido
moi igualado, con dous equipos moi concentrados sabedores de que o que se
puxera por diante tería moito terreo ganado.
Así chegaron as
primeiras ocasións en ambas portería pero as porteiras sempre saían vencedoras.
O marcador non quería moverse.
Co paso dos
minutos fóronse acumulando cada vez máis ocasións en ambas áreas pero sen o
froito desexado. Noelia, Raquel e Andrea Muíño tiñan as mellores ocasións para
as locais.
Co resultado de
igualada a cero chegábamos o tempo de lecer.
A segunda metade
seguía polo mesmo camiño da primeira e quedaba claro que o equipo que acertara
ca portería contraria primeiro se ía levar o partido.
A xogada chave
puido ser unha ocasión que tivo a debutante Andrea Muíño que a piques estivo de
adiantar as costeiras.
Pero os 28
minutos a visitante Elima aproveitaba un rexeite para poñer en vantaxe as
alcarreñas.
O gol foi un duro
golpe para as locais, que a pesares de
todo seguiron percutindo na porta contraria aínda que cada vez deixaban máis
ocos. Froito diso a cinco para fin do partido Cris poñía o segundo gol
visitante.
Tralo gol e a
falla de cinco minutos o Fisober decidiuse polo ataque de cinco adiantando a
Leti. Pero non deu o froito desexado e incluso a trinta segundos para o fin Ana
facía o definitivo tres a cero.
Malía a derrota
hai que quedarse co bo partido realizado e o debut de xogadoras do filial en
Nacional que sempre é unha ledicia para
o clube.
A vindeira semana
toca viaxe a terras madrileñas novamente desta vez a Simancas ca esperanza de
recuperar algunha xogadora e non perder a ningunha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario