LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
FISOBER “B” F.S.F. – GRUPO WORK : 0-7.
FISOBER B : Alejandra, Tamara, Nuriña, Laura e
Andrea Piroja ; tamén xogou : Antía.
WORK : Bea,
Ainhoa, Patri, Nuria e Sandra ; tamén xogaron : Albita, Laura, Alba, Cris e
Mónica.
ÁRBITRO : Emilio
Losada ; CRONO : Yayo Pájaro.
GOLES : 0-1
Sandra, 0-2 Sandra, ( descanso ) , 0-3 Ainhoa, 0-4 Alba, 0-5 Ainhoa, 0-6 Cris,
0-7 Laura.
Partido disputado
na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo.
O filial do
Fisober está nese momento da tempada que como di o refrán : “ se monta un circo
, crécenlle os ananos “. Esta semana que comezaba a recuperar algunhas das
ausentes nos derradeiros partidos, unha epidemia de gripe asolou o vestiario
tanto do filial coma das infantís , as que sempre botan unha man nestes casos.
Co panorama de
solo seis xogadoras e cunha Tamara con problemas musculares , que non foi quen
de rematar o partido, tocoulle lidiar o filial. Por ser baixa tamén o foi o seu
adestrador Javi “Jemisa”.
Pero non todo
entre tanta baixa é malo, as dificultades tamén son boas para fortalecer a un
equipo e máis aínda a un filial, acostumarse a este tipo de situacións
curte sendo parte da formación. Ademais xogadoras menos
habituais gozan de minutos e Alejandra que vai polo seu cuarto partido na
portería, comeza a collerlle o gusto.
No deportivo, o
equipo aguantou o que lle durou o osixeno. Dende o arranque dominio visitante e
as locais esperando atrás e buscando unha contra. E pareceu funcionar o
principio, xa que na primeira metade non pasaron moitos agobios as costeiras,
aínda así recibiron dous goles.
Os catro minutos
, Sandra xa adiantaba as coruñesas. Sen moitas ocasións pasaron os minutos
seguintes e se chegaban aparecía unha Alejandra moi atenta.
A sete para o fin
da primeira metade de novo Sandra aproveitaba para facer o cero a dous co que
se chegou o tempo de lecer.
Un gol xusto o
arranque da segunda metade por mediación de Ainhoa, parecía que afundiría as
costeiras, pero foi todo o contrario. Deulles un pulo e fixeron os seus
mellores minutos, con ocasións a contra.
Pero a porteira visitante Bea mostrouse
infranqueable. Primeiro Nuriña non foi quen de superala, despois un lanzamento
de Tamara foise o trabe e despois de novo Nuriña topouse con Bea.
As coruñesas
tamén chegaban e a sete para o fin Alba facía o cuarto. Para daquela o filial
xa non contaba con cambios polos problemas musculares de Tamara o que fixo os
últimos minutos moi compricados. Gozaron dunha última oportunidade as locais
pero de novo Bea gañou no man a man a Nuriña.
Nos últimos dous
minutos chegaron tres novos goles visitantes para pechar o electrónico. Ainhoa,
Cris e Laura foron as autoras dos goles.
En definitiva
cómoda e merecida vitoria para un Grupo Work fronte o que sempre é un pracer
xogar, cun filial que loitou ata o fin e o deixou todo a pesar de tódalas
dificultades polas que está a pasar nas últimas xornadas das que tamén debe aprender .
No hay comentarios:
Publicar un comentario