LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : A BAÑA – FISOBER “B” F.S.F. : 0-4.
A BAÑA: Eva, Anabel, Rocio, Nerea e Marta ; tamén xogaron : Tania, Lucía, Daniela, Andrea, María
Maroñas, Celsa e Estefanía.
FISOBER B : Anabel,
Noelia, Andrea, Paula Fandiño e Laura ; tamén xogaron : Alejandra, Natalia,
Tamara e María Lijó.
ÁRBITRO : Julio de la Iglesia , CRONO: María Rey.
GOLES : 0-1
Alejandra, ( descanso ) , 0-2 Paula Fandiño , 0-3 Laura, 0-4 Laura.
O Fisober B emulou o primeiro equipo e tamén gañou a domicilio, acadando algo que non se recordaba
en tempo , que os dous equipos gañaran na mesma xornada. Terceira vitoria
consecutiva do filial e durmirán na terceira posición da clasificación ata quese reanude a Liga.
Do partido pouco
que dicir o filial enfrontábase a un dos equipos novatos da categoría A
Baña onde milita a súa ex – xogadora
María Maroñas. Como dato destacable defenderon a porta local a filla Eva e a
nai Celsa.
O dominio do
balón foi do Fisober B e apenas pasaron apuros en defensa, pero realizaron un
frouxo encontro e deberán mellorar en próximas datas nas que entran na parte
esixente do calendario.
O tempo de lecer
chegouse con vitoria pola mínima do filial , grazas a un gol de Alejandra. As
locatarias defendéronse ante as
embestidas das visitantes.
Na segunda metade
chegaron tres goles máis do filial que mellorou un pouquiño a actuación da
primeira metade , un obra de Paula Fandiño e dous máis por parte da capitana
Laura que se estreaba esta tempada como goleadora.
A vindeira semana
a liga descansa e o filial volta a competición o día 9 enfrontándose como
locatario o Grupo Work outro equipo cheo de xuventude e que está acadar moi bos
resultados.
Fotografías Familia Fandiño Trillo.
Fotografías Familia Fandiño Trillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario