LIGA PROVINCIAL
RESULTADO :
FISOBER “B” F.S.F. – VILLA DE CEE. 6-4.
FISOBER “B” : Martina, Paula Fandiño, Noelia, Andrea e
Laura ; tamén xogaron : Natalia, Tamara, Inés, Alejandra, María Lijó e Anabel.
VILLA DE CEE :
Adriana, Ana Trinidad, Andrea Romero, Tati e Sandra ; tamén xogaron : Andrea
Muiño, Raquel, Claudia e Belén.
ÁRBITRO : Jose Rey
. CRONO: Inma Silva.
GOLES : 1-0 Paula Fandiño ; 2-0 Paula Fandiño; 3-0 Natalia ; 3-1 Ana
Trinidad ; 3-2 Andrea Romero ; ( descanso ) ; 4-2 Inés; 5-2 Paula Fandiño; 6-2 Alejandra ; 6-3 Andrea Romero; 6-4
Tati.
Na tarde do
sábado enfrontábanse por primeira vez na historia en partido oficial o Fisober
B e o Villa de Cee e a vitoria foi para as locais neste derbi costeiro.
Merecida vitoria local que leva dúas consecutivas, xa non se recordaban, ante
un Villa de Cee en clara melloría, unha pena o aprazamento do partido do
primeiro equipo que permitiría un gran colofón o derbi.
O partido comezou
co dominio local e cas visitantes esperando a media pista para tentar saír a
contra. Os dous equipos cos nervios típicos dun derbi e de conxuntos cheos de
xuventude.
Os seis minutos
un lanzamento da local Paula Fandiño servía para adiantar as súas e certificar
o dominio cun gol. As locais xogaban cada vez un pouco máis tranquilas pero sen
impoñer moito ritmo o partido.
As visitantes
tentaban roubar e saír a contra , así o fixo Ana Trinidad os once minutos cun
lanzamento o pau. Os catorce minutos un lanzamento de esquina executado por
Paula Fandiño rozou en Andrea Romero e supuxo o segundo gol local.
Case deseguido a
local Inés nunha xogada individual estivo a piques de conseguir o terceiro. O
partido converteuse nun ida e volta e Andrea Muiño tivo unha clara ocasión de
gol. Pero a resposta local os quince minutos, levou de novo o balón os pés de Inés,
a súa xogada rematou cun balón rexeitado que Natalia aproveitou para
poñer o cero a tres.
Con esa claridade
no electrónico as locais entroulles a habitual páxara e chegaron ocasións para as visitantes a
contra. No minuto dezasete Ana Trinidad aproveitou un erro do filial para por o
tres a un. E cando se chegaba o último minuto da primeira metade a ex xogadora do Fisober Andrea Romero facía o tres a dous co que se
chegaba o tempo de lecer.
Volvían a poñerse
as pilas a saída dos vestiarios as locais e os catro minutos da
reanudación Inés poñía o catro a dous.
Non se rendían as visitantes e Ana Trinidad dende lonxe topaba ca trabe.
Aparecían ocasións en ambas áreas.
Tamén
desperdiciaba un man a man a capitana local Laura e tamén topaba co pau a local
Paula Fandiño. Unha Paula Fandiño que a catorce para o fin e de novo con
rexeite en Andrea Romero facía o cinco a dous.
E solo dous minutos
despois era Alejandra a que facía o seis
a dous para as locais, por certo unha Alejandra que marcaba o seu primeiro gol
en Provincial.
Con este
resultado as locais voltaron a relaxarse e as visitantes decidiron arriscar
máis, pero curiosamente o perigo visitante seguía a chegar a contra. A sete
para o fin era Andrea Romero a que facía o terceiro gol para as do Villa de
Cee. E a catro para o fin nun lanzamento cruzado Tati facía o definitivo seis a
catro.
Dende aquí ata o
fin tensión por un resultado máis axustado e as visitantes utilizando moitas
veces o ataque de cinco que non resultou.
Moitos
detalles a destacar do partido por parte
do filial do Fisober , a cordialidade do
derbi, que as xogadoras e adestradores locais luciron un lazo rosa en apoio o " día mundial contra o cancro de mama ". Tamén é curioso o enfrontamento entre pai e filla, Mon
Lijó directivo do Villa de Cee e a infantil María Lijó que milita no Fisober ou o primeiro gol de Alejandra como xogadora do Fisober e na categoría Provincial.
Crónica do Villa de Cee.
Crónica do Villa de Cee.
No hay comentarios:
Publicar un comentario