A palabra da
semana do Real Madrid é EQUILIBRIO ,
pois por unha vez estou de acordo. O problema do Real Madrid é o equilibrio, sigo desilusionado ca marcha de Özil pero xa nada se pode
facer, así que vamos falar de equilibrio.
A culpa leva ou a
defensa ou o mediocampo, pero o problema
comeza arriba. Parece que Carleto atopou a súa tripleta de ataque, Benzema,
Bale, Cristiano, gracias a deus xa temos algo, pero neles debe arrancar a
defensa do Real Madrid tamén. Non pode dicirlles que non se preocupen de defender,
o fútbol moderno necesita 11 xogadores o
100% en ataque e defensa nos partidos , relax o mínimo que calquera che
pinta a cara. O bo e o malo do Real Madrid estas semanas comeza e finaliza neles
principalmente aínda que non o pareza. Unha peza mal colocada e todo se
tambalea.
Non digo que
corran coma tolos detrás dos xogadores, pero deben posicionarse ben e axudar en defensa .A forma máis fácil está clara, ter o balón ,
cando non o tes xuntar liñas, ou apretamos máis arriba ou recuamos, obviamente a mellor opción para un equipo como o Real
Madrid apretar máis arriba pero eles
saberán. Igual non todo o partido pero si en moitos momentos.
Es caso contrario
pois pasará o de sempre o equipo rómpese
e viviremos na montaña rusa habitual, uns que atacan, uns que defenden e moitas
veces xogadores perdidos que nin atacan
nin defenden. O equilibrio para min é
así de simple.
Co 4-2-3-1 ou co
4-3-3 , como mellor lle veña o partido e cos peóns que decida o adestrador,
pero xuntos en defensa, ocupando as posicións que deben. As características e
forma dos teus xogadores marcaran iso.
Despois podemos
culpar os medios, os centrais , os laterais, o porteiro pero todo ven provocado pola falta de equilibrio e as
liñas separadas e sen axudas. Non
todo se arranxa con Xabi Alonso, xogador
fundamental obvio pero este ano non podemos queixarnos dos medios que temos,
pena de Mesut.
Agora a culpa
está a ser da defensa din, creo que
ningún dos defensas do Real Madrid está no seu mellor momento. Uns mellor ca
outros, pero un servidor confía en todos e cada un dos defensas do Real Madrid,
especialmente en Varane a pesar dos erros fronte a Juve, por certo na primeira
metade cansouse de taparlle as vergonzas a Ramos, sigo pensando que é o mellor defensa que temos
aínda que lonxe do seu nivel óptimo. A defensa debe axudarlle
o resto do equipo, atácase e deféndese
en bloque. Por iso recibimos tantas ocasións en contra porque nos partimos
e descolocámonos.
Para rematar unha
de nomes:
A min particularmente non me gusta Ramos de lateral, non porque non sexa válido para xogar aí, Ramos pode xogar
do que queira, senón porque se toma o
posto a pitorreo. Vai de Cafú, tenta
cousas imposibles, xoga sen tensión competitiva demasiado pasota de lateral. O
seu posto ca Juve e co Barça deixame a sensación de que Carleto ten medo de
sentar a el, a Pepe ou incluso a Varane, as razóns descoñézoas !
O papel agora de Isco, Di María e Morata, de sensación a amargados, esquencidos, a tempada é moi longa e deben ter momentos todos para un partidario
das rotacións coma un servidor sen dúbida , máis aínda no Bernabéu, onde non debe de xogar con
trivote Carleto, como xuntar a algún destes ca tripleta de ataque da para outro
artigo. Parte do traballo do italiano
vai ser ter contenta a esta xente que é a que da títulos, os suplentes dan ou
quitan títulos que o teña claro.
Para rematar o
debate da portería, se non lle facemos caso a prensa pro e anti que ten cada
un, a día de hoxe un
servidor sigue pensando que Iker e Diego
non son tan diferentes, ningún dos dous son moi bos por alto, a altura
axuda a Diego pero pouco máis, e nas
saídas solen medir mal, viven debaixo da trabe, sobre todo Diego, non moi bos
cos pes , e teñen virtudes similares , porteiros de grandes reflexos.
A gran diferenza
reside en que Iker ten anxo sempre o
tivo. Iker chegou un mes tarde e pagouno así de claro e a Carleto isto
provocoulle ou provocouse un marrón ,
claro tamén.
P.d. O equipo está lonxe de poder optar a Décima se nos colle un equipo algo que tal, púlenos e a Liga seis puntos é unha vantaxe considerable, a esperanza que o Barça non anda moi ben e o Atleti todo mundo confía en que afloxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario