SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” – A FERVENZA.
3-2.
FISOBER : Eva, Patri,
Ana, Noelia e Raquel ; tamén xogaron : Nuria, Barca, Inés e Myrella.
A FERVENZA :
Nerea, Belén, Laura Doce, Irene e Andrea ; tamén xogaron : Alba, Claudia, Antía
e Laura Miraz.
ÁRBITROS : Luís
Vázquez e Álvaro Cid ; CRONO : Laura de la Iglesia.
GOLES : 1-0 Patri , 1-1 Belén , 2-1 Raquel, 3-1 Raquel ( descanso ) ,
3-2 Laura Doce.
Principiaba a Liga na Segunda División Nacional do fútbol
sala feminino na tarde do sábado en Vimianzo e o Fisober que non fixo un bo
partido, levouse o derbi galego de forma merecida acadando
a vitoria , e con elo algo que foi o seu gran pesadelo a tempada pasada vencer como locais e darlle
alegrías os seus siareiros.
O partido subía o
telón con dous equipos algo nerviosos ante a posta de largo da tempada. Pero
pouco a pouco o Fisober foi tomando o mando ante un A Fervenza que optaba por
esperar a media pista.
Neses primeiros
minutos era a local Noelia a que tiña un par de oportunidades para marcar o
primeiro gol da Liga.
Pero tivo que ser
Patri a que os seis minutos o fixera e puxera en vantaxe o Fisober despois
dunha combinación rápida e a súa definición.
Pouco tardou A
Fervenza en dar a réplica tendo Eva que lucirse para frear a ocasión de Irene.
O partido abriuse un pouco e Barca dispuña dunha ocasión para aumentar vantaxe.
Os once minutos a
visitante Belén aproveitaba un erro local para poñer a igualada no tanteador. E
pouco despois baixo un minuto tonto local , foi Laura Doce a que case lle da a
volta o marcador.
O partido
volveu o xogo dos primeiros minutos , ca
imprecisión e os nervios das
xogadoras típico do inicio de campaña.
Pero cando
encarábamos os dous últimos minutos desta primeira metade a debutante na
categoría e co Fisober en partido oficial Raquel acadaba de lanzamento cruzado
o segundo gol para as da Costa.
E case sen
respirar a mesma Raquel loitaba ata o final un balón que parecía que se ia por
banda e plantábase ante a porteira para facer o terceiro gol local co que se
chegou o tempo de lecer.
O tempo de lecer
non lle sentou moi ben as locais que vían como Laura Doce tiña unha ocasión de
saída a cal respostou Nuria.
Unha Laura Doce
que os catro minutos desta metade aproveitaba un balón longo da súa porteira
para poñer o 3 a 2 no electrónico.
Con este gol
cambiou o partido e o Fisober espertou ,
Patri tivo dúas moi boas ocasións. E ata unha terceira despois dunha
combinación con Myrella.
A falta de once
para o fin sucedeu a xogada polémica do partido, as visitantes reclamaron
un posible penalti que os
árbitros decidiron que fora falta pero fora do área.
Nos últimos
minutos as visitantes decidiron arriscar máis e houbo ocasións para ambos lados
pero as máis claras eran a contra para unhas locais que se defendían sen
problemas. Sendo as máis claras para Patri ou Barca aínda que o gol da
tranquilidade local non quixo chegar.
No último minuto
apenas pasaron problemas as da Costa levándose así a primeira vitoria da
tempada .
No hay comentarios:
Publicar un comentario