Os equipos do Fisober xogan como locais nesta xornada, o primeiro equipo fronte o Cuatro Arcos Logroño e o filial terá derbi fronte o Villa de Cee.
O Fisober da Segunda División Nacional que ven de perder na anterior xornada fronte a un dos favoritos da categoría o Ordizia, buscará o sábado a partires das 18:15 horas no Pavillón de Vimianzo acadar un bo resultado. Pola súa banda o Cuatro Arcos caia por 0 a 10 contra o gran favorito o Bilbo na anterior xornada. Así está a clasificación.
No partido disputado en Vimianzo o ano pasado correspondente a segunda volta as rioxanas obtiveron unha ampla vitoria, no peor partido en moito tempo das da Costa, fora 1 a 7 a favor das visitantes. Na primeira volta en Logroño foran as do Fisober as que gañaran por 0 a 3.
Na Liga Provincial o filial do Fisober terá derbi fronte o Villa de Cee a partires das 16 horas no Pavillón de Vimianzo. Dous equipos que se enfrontarán por primeira vez en partido oficial.
O filial do Fisober ven de obter a súa primeira vitoria da tempada en Mabegondo e as de Cee caeron fronte o A Fervenza B. Así está a clasificación.
Nesta pretempada enfrontáronse dúas veces cunha vitoria para cada equipo, o que presaxia un partido igualado. No torneo de presentación do Villa de Cee a vitoria foi para as locais por 1 a 0 , mentrás que no Torneo de San Sadurniño fora o filial o que se levara a vitoria por 2 a 1.
Recordar que será unha xornada solidaria en moitos pavillóns de todas as categorías, con motivo do Día contra o Cancro de Mama.
Outras previas :
Previa de Segunda División.
Previa do Bilbo.
Previa de A Fervenza.
Previa de Primeira División.
No hay comentarios:
Publicar un comentario