Inés a primeira dende a esquerda i Eva a cuarta. |
A porteira Eva Lema Leis natural de Merexo ( Muxía ) e nada no ano 94 adestrará ca selección sub-21 galega.
Eva no centro. |
Pola súa banda Inés Suárez Mouzo natural de Camelle e nada no ano 97 adestrará ca selección sub 17 galega.
Inés a esquerda |
Na Segunda División Nacional o Fisober desprázase a Tudela ( Navarra ) para xogar o sábado as 16 horas fronte o Ribera Navarra. O Ribera Navarra é o novato da categoría e preséntase cuns números similares o Fisober, unha vitoria na casa e unha derrota a domicilio fronte a un dos galos da categoría.
As da Costa gañaron A Fervenza e as navarras o Flavióbriga, as da Costa caeron en Ordizia e as navarras fronte o Bilbo. Os dous equipos descansaron unha xornada, as navarras como obriga o calendario e o Fisober por mor do aprazamento do partido da semana pasada debido as baixas no 4 Arcos Logroño. Esperemos a ver como lles sentou o parón.
Clasificación en Segunda División.
Pola súa banda o filial xoga as 16:30 do sábado en A Baña, contra un equipo de recente creación e no que milita a ex do Fisober B , María Maroñas. Na pretempada estes dous equipos enfrontáronse en Vimianzo cun resultado de 7 a 1 para as da Costa.
A bo seguro desta vez terano moito máis difícil as do filial do Fisober, xa que as locais están a mellorar e terán un partido compricado.
Así está a clasificación na Provincial.
A previa de Segunda División.
A previa do Bilbo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario