Arranca una nova Liga para os equipos do
Fisober FSF
Esta semana os
equipos do Fisober finalizaron a pretempada con un bo sabor de boca. Tras
disputar varios amistosos o largo do mes de setembro as sensacións foron moi
positivas, tanto para o primeiro equipo como para o filial.
O equipo
de 2ª División recibirá o Comarcal A Fervenza, no que será o único derbi deste
ano para os equipos galegos, o equipo de ferrolterra xa conseguiu derrotar as
vimiancesas no derradeiro partido da tempada pasada por 1-3 en Vimianzo, polo
que será un partido moi disputado. Aínda que en Ferrol a vitoria fora para as da Costa por 2 a 4.
As da Costa non poderán contar para este partido con Paula Lema nin Elsa Souto, ambas
por lesión. Debutará na categoría Raquel.
Fran
Toba: Será un partido moi disputado contra un plantel moi xoven pero con
experiencia na categoría, as de Pili son un equipo moi ordenado e difícil de
superar e donde teremos que estar moi atentas será nas xogadas de estratexia,
xa que son una das mellores armas do equipo rival.
Liga 2ª División: Fisober FSF vs Comarcal A
Fervenza
Hora: 18:00 h
Lugar: Pavillón de Vimianzo
O Fisober
B empezara a Liga contra o CD Estradense, un equipo novona categoría, pero con
xogadoras procedentes do Leis Pontevedra de 2ª División.
As
rapazas de Jemisa e Mauro cun equipo aínda máis xoven que en tempadas anteriores, terán que facer un partido moi serio ante un rival
que loitará polos primeiros postos. Debutarán na categoría as cadetes Andrea e
Alejandra asi como a infantil María Lijó, ademais debutará ca camisola do Fisober B en partido oficial Anabel.
Hora:
16:00 h
Lugar:
Pavillón de Vimianzo
Nota de prensa do Fisober.
Nota de prensa do Fisober.
No hay comentarios:
Publicar un comentario