SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : ORDIZIA
K.E. – FISOBER F.S.F. 6-1.
ORDIZIA : Maddi,
Maite, Itsaso, Ainara, Olatz ; tamén
xogaron : Amaia, Sarah, Lety, Irati e Ane.
FISOBER : Eva, Patri, Ana, Myrella e Raquel ;
tamén xogaron : Nuria, Elsa, Barca, Noelia , Olalla e Inés.
ÁRBITROS : Sergio
Esparís e Igor García ; CRONO : Daniel Dos Anjos.
GOLES : 1-0 Sarah , 2-0 Ainara, 3-0 Olatz , (
descanso ) , 3-1 Ana , 4-1 Olatz,
5-1 Itsaso, 6-1 Lety.
Tocáballe o
Fisober visitar a un dos galos da categoría o sábado e o resultado amosouno,
aguantaron as da Costa ata os últimos minutos da primeira metade pero dous
goles postreiros sacáronas dos partido.
Comenzou ben o
Fisober xa que unha falta executada por Patri creaba moito perigo e tivo que
ser enviada a saque de esquina entre a porteira Maddi e o trabe.
As locais
dominaban o partido e as visitantes ben posicionadas tentaban saír a contra,
como así o fixo con perigo Raquel os catro minutos. Pero a pesares de
defenderse con comodidade as vascas pechaban cada vez máis as da Costa.
Ordizia comenzaba a ter ocasións, os cinco minutos foi
Sarah a que puña en apuros o Fisober. Pero os minutos pasaban e seguía sen
moverse o electrónico.
Mediada a
primeira metade aparecían as máis claras ocasións locais. Irati en xogada
ensaiada e pouco despois freada por Eva non era quen de poñer en vantaxe as
locais.
Ata que os doce
minutos foi Sarah a que aproveito un erro defensivo visitante para inaugurar o
tanteador.
Despois do gol,
volveron a collerlle a cara o partido as visitantes. Ben colocadas en defensa e
buscando a contra. E de esa maneira a
tres para o fin a costeira Inés prantábase sola ante Maddi pero non era quen de batila, no que
puido ser o gol da igualada e quizais cambiar o rumbo do partido.
Contra un equipo
coma o Ordizia os erros páganse xa que elas non perdoan e a dous para o fin Ainara non fallaba para
poñer o segundo gol local. Este gol descentrou as visitantes, que non pareceron
volver a collerlle o pulso o partido.
Así a catorce
segundos para chegar o tempo de lecer era Olatz a que facía o terceiro local e
puña unha vantaxe definitiva.
Pareceu saír forte o Fisober dos vestiarios e os dous
minutos Ana facía o tres a un que lle daba algo de ilusión as da Costa.
Pouco durou a
ledicia xa que a falla de quince para o fin de novo Olatz poñía tres goles de
diferenza e nese mesmo minuto Itsaso facía o quinto gol local.
Co seis a un a
doce para o fin obra de Lety, un golazo por certo, o partido quedaba xa
finiquitado.
O resto do
partido deu ocasións para os dous equipos que non foron quen de materializar,
ademais os últimos catro minutos tanto locais como visitantes viviron co perigo
do dobre penalti.
En definitiva bo
arranque de partido dun Fisober que se diluiu despois do segundo gol
local.
Visión Diario Vasco.
Visión Diario Vasco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario