LIGA PROVINCIAL
RESULTADO : FISOBER B – ESTRADENSE . 0-3
FISOBER B : Anabel,
Paula Fandiño, Andrea, Alejandra e Laura ; tamén xogaron : Tamara, María Lijó e
Natalia.
ESTRADENSE :
Laura, Vanesa, Eva, Magali e Luz Bugallo ; tamén xogaron : Cristina, Olaya,
María, Sandra, Raquel e Vanesa Vilar.
ÁRBITRO : Vicky
Mosquera ; Crono : Inma Silva.
GOLES : 0-1
Cristina ( descanso ) , 0-2 Vanesa Vilar
, 0-3 Eva.
Este sábado en
Vimianzo daba comenzo a Liga Provincial e un Fisober B moi remozado
enfrontábase a un debutante na categoría como o Estradense pero con xogadoras
que veñen de categorías superiores como Luz Bugallo e Magali procedentes do
Leis Pontevedra ou Vanesa.
A infantil María Lijó. |
O filial do
Fisober no que debutaban na categoría Provincial a infantil María Lijo e as cadetes Andrea e
Alejandra, todas elas xunto coa porteira Anabel tamén debutaban en partido oficial coa
camisola negra. O equipo a pesares da xuventude prantou cara en todo momento e
estivo no partido ata uns últimos minutos nos que pagou o esforzo.
O partido
arrancaba co dominio visitante e un filial que traballaba arreo para manter a
súa portería a cero e tentar saír a contra. As máis xóvenes do equipo costeiro
cando podían combinaban e chegaban de vez en cando con perigo a portería defendida por Laura.
Luz Bugallo, Magali
e Vanesa levaban o peso do equipo visitante e do partido, pero non eran quen de
superar nin a Anabel , nin o traballo
defensivo das súas compañeiras, que cada
vez creaban máis perigo a contra.
Ata que a cinco
para o fin da primeira metade Cristina pescou un balón para poñer en vantaxe as
visitantes. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.
Na segunda metade
o guión foi o mesmo, ocasións visitantes e contras locais, aínda que as locais parecían combinar algo
máis e chegar algo máis a portería rival que na primeira metade. Iso si
as mellores ocasións eran visitantes . Co
paso dos minutos o esforzo e os nervios do debut foron pesando nas pernas das
xóvenes xogadoras da Costa. Non daban atopado o premio o seu gran traballo
aínda que o partido se parecía igualar.
Ata que a catro
minutos para o fin Vanesa Vilar poñía o segundo e finiquitaba o partido. Solo
un minuto despois a tres para o fin era
Eva a que puña o cero a tres definitivo no electrónico. As locais loitaron ata
o fin pero o resultado non se moveu.
Moi bo partido do
xoven filial do Fisober que deixou unha grata impresión no debut
nesta campaña e no que se incluiron xogadoras do equipo infantil que competirá
en Liga Galega, que botaran unha man o segundo equipo do Fisober cando faga falta
e irán gañando minutos e experiencia.
Fotografías propias e Familia Fandiño Trillo.
Fotografías propias e Familia Fandiño Trillo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario